A Subida a Dumbría é unha carreira automobilística de montaña celebrada en Dumbría. Está organizada por Senra Sport e é puntuable para o Campionato de Galicia de Montaña.
Historia En 1995 a escudaría Senra Sport de Manuel Senra organizou unha primeira Subida a Dumbría entre os lugares de Olveiroa e Hospital, que foi puntuable para o Campionato de Galicia de Montaña e o Campionato Astur Galaico de Montaña. O asturiano Monchu cun Osella foi o gañador absoluto daquela primeira edición, superando por menos dun segundo a José Luis Santos, mentres que o Renault Clio Williams de José María Martínez Magdaleno foi o vencedor do grupo N. O propio Senra foi o vencedor no grupo A co seu Peugeot 306 e Gilberto Da Silva gañou na categoría de históricos cun Austin.
A proba non tivo continuidade, ata que 24 anos despois celebrouse unha nova edición, tamén organizada por Senra Sport, aínda que co nome de I Subida a Dumbría, sen ter en conta a edición de 1995. O vencedor volveu ser un asturiano, nesta ocasión José Antonio López-Fombona, cun Lamborghini Huracán. O galego Pablo Rey rematou segundo e primeiro entre os non carrozados, categoría na que o seguiron José Carlos Lorenzo Castro e Jacobo Senín, terceiro e cuarto respectivamente da absoluta. Entre os carrozados despois de Fombona, clasificáronse o Peugeot 306 Maxi de Manuel Senra e o Mitsubishi Lancer Evo IX de Pedro Castro. A edición de 2020, prevista para xuño, foi suspendida debido á pandemia por coronavirus.
Palmarés +AnoNomeVencedorVehículo1995I Subida a Dumbría MonchuOsella F32019I Subida a Dumbría José Antonio López-FombonaLamborghini Huracán2020Suspendida
Notas
Dumbría Categoría:Dumbría