O SEOSAT-Ingenio (acrónimo de Spanish Earth Observation Satellite) é un satélite artificial español de imaxes terrestres de alta resolución.
Características
Está liderado polo CDTI e o Ministerio de Ciencia e Innovación, requirindo a súa posta en órbita unha colaboración internacional. Unha vez en órbita, terá propulsión independente durante os dez anos que se espera de vida operativa grazas a 80 kg de hidracina.
A resolución da súa cámara 2,5 m, e cada tres días sobrevoará calquera punto da superficie terrestre, axudando a mapear desastres naturais. Seguirá unha órbita heliosíncrona a uns 670 km de altura.
Ten unha masa duns 830 kg.
Historial
Foi lanzado pola Axencia Espacial Europea a bordo dunha lanzadeira VEGA o 16 de novembro de 2020 dende a Güiana Francesa, en conxunto co satélite francés Taranis do CNES, despois de ser atrasado en sucesivas ocasións.
Ós oito minutos do lanzamento foi identificado un erro na súa traxectoria, dando lugar á perda da misión.
Notas
Categoría:Satélites artificiais de España Categoría:2020