Kimy Pernía Domicó, nado en Tierralta (Colombia) en 1950 e finado o 2 de xuño de 2001, foi un dirixente indíxena dos emberá katío do alto Sinú, en Colombia. Foi un activista que liderou a loita contra a construción do encoro de Urrá I, no departamento de Córdoba. O seu criticismo do proxecto motivou o seu secuestro e desaparición o 2 de xuño de 2001.KIMY PERNIA DOMICO - EMBERA LEADER DISAPPEARED ; Colombia Solidarity Campaign; Bulletin Issue2, xullo-setembro de 2001 En 2007, o xefe paramilitar Salvatore Mancuso recoñeceu que fora asasinado, supostamente por orde de Carlos Castaño, e afirmou que os seus restos foron botados ao río Sinú.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Barlow, M. e Clarke, T. (2017) Blue gold: the battle against corporate theft of the world's water. Londres: Routledge. ISBN 9781351573429 Outros artigos Pobos indíxenas de Colombia
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados no departamento de Córdoba, Colombia Categoría:Pobo emberá Categoría:Finados en 2001 Categoría:Activistas de Colombia Categoría:Líderes nativos americanos