Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete e Gabinete numismático.
O Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala (en sueco: Uppsala universitets myntkabinett) é unha institución científica e museística pertencente a esa universidade, que acolle unha das coleccións públicas de moedas e medallas de Suecia. Ten a súa sede no edificio principal da Universidade de Uppsala.Mäkeler, H. (2015).
Historia As orixes da colección remóntanse ao século XVII. Algúns dos primeiros obxectos que comezaron a conformala foron as moedas e as medallas provenientes do gabinete de arte e antigüidades de Augsburgo, que lle foi doado á Universidade de Uppsala en 1694 polo rei Carlos XI.."About us ". Uppsala University Coin Cabinet.
Máis tarde, a colección viuse ampliada ao recibir algunhas doazóns salientables, como a da raíña Luísa Ulrica de Prusia. Particularmente significativa foi a achega de Carl Didrik Ehrenpreus (1692-1760), reitor da universidade, á que lle vendeu a baixo prezo a súa colección de 3.000 moedas e medallas e ademais lle doou 120 varas rúnicas para a biblioteca."Carl Didric Ehrenpreus". Svenskt biografiskt lexikon.
O primeiro estudo sobre numismática na Universidade de Uppsala publicouse en 1679.Disputatio politica de nummo. Uppsala, 1679. A partir dese momento, editáronse máis de cincuentra traballos sobre a moeda e a historia monetaria."Dissertations on numismatics and monetary history ". Uppsala Universitet.
A colección miniatura|260x260px|Vitrinas na exposición permanente do Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala A colección abrangue arredor de 40.000 obxectos, desde moedas do século VI a. de C. ata o diñeiro electrónico actual."Collections ". Uppsala University Coin Cabinet.
É particularmente relevante a sección de moedas e medallas antigas de Suecia, xunto coas coleccións de moeda da época viquinga, as primeiras moedas dos estados europeos e as moedas do mundo islámico.
A finalidade principal do Gabinete é o apoio á investigación e á formación en materia numismática na Universidade de Uppsala, motivo polo que na exposición permanente só se amosa unha pequena parte dos fondos que posúe.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de museos numismáticos Hendrik Mäkeler
Bibliografía Berghaus, P.; Mäkeler, H. Nilsson, H. (2006). Münzkabinett der Universität Uppsala: Deutsche Münzen der Wikingerzeit sowie des hohen und späten Mittelalters. Uppsala. ISBN 91-554-6603-6 Lindberger, E.; Blackburn, M.; Nilsson, H. (2006). Uppsala University Coin Cabinet: Anglo-Saxon and later British coins. Sylloge of Coins of the British Isles. Uppsala. ISBN 0-19-726339-9 Mäkeler, H. (2015). "Uppsala universitets myntkabinett nu och i framtiden". En Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad . Nordisk Numismatisk Union. Nº 1. Páxinas 13-18. Rundberg, J; Holmberg, K.; Nilsson, H. (2008). Uppsala universitets myntkabinett: Svenska vikingatida och medeltida mynt präglade på fastlandet. Uppsala. ISBN 978-91-554-7242-9 Wærn, B. (1978). “Uppsala Universitets Myntkabinett”. En Myntkontakt, 3. Svensk Numismatisk Tidskrift. Páxinas 68-73, 87.
Ligazóns externas Sitio web do Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala
Categoría:Museos de numismática Categoría:Museos de Suecia Categoría:Universidade de Uppsala