José Bernárdez Santaclara, coñecido como Pasarín, nado en Bueu en 1906 e finado en Pontevedra en xullo de 1993,La Voz de Galicia, Pontevedra, 10-7-1993, p. 2. foi un zapateiro, sindicalista e escritor galego.

Traxectoria Mariñeiro de novo, fíxose zapateiro por problemas de saúde. Foi secretario da sociedade Adelanto Marinero da UGT. Na Segunda República foi concelleiro de Bueu. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión o 22 de decembro de 1936, foi condenado a cadea perpetua e inhabilitación absoluta. Preso na Illa de San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristovo o 16 de maio de 1937. O 1 de marzo de 1939 foi trasladado á Prisión Central de Cuellar (Segovia), de onde saíu en prisión atenuada o 5 de setembro de 1940. Foille conmutada a pena a 4 anos en decembro de 1942. Concedéronlle a liberdade definitiva o 5 de decembro de 1943.

Obra Rosas salvajes (poesía, 1986).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Censo de Represaliados de la UGT

Categoría:Sindicalistas de Galicia

Categoría:Concelleiros de Bueu Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes