Elena Casal Fernández, nada o 25 de agosto de 1988 en Redondela, é unha árbitra de fútbol galega. Pertence ao Comité de Árbitros de Galicia e traballa na primeira división española de fútbol feminino.

Traxectoria Ascendeu á máxima categoría do fútbol feminino español no ano 2017, cando esta foi creada para que a primeira división española de fútbol feminino fose dirixida unicamente por árbitras.

Notas

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Redondela Categoría:Árbitros de fútbol de Galicia