miniatura|250px|Esqueleto de Mesoplodon mirus, no Museo de Ciencias Naturais de Carolina do Norte en Raleigh, Carolina do Norte.
O zifio de True, tamén grafado cifio de True, Mesoplodon mirus, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,Mesoplodon mirus True, 1913 no WoRMS. Consultado o 10 de novembro de 2020. unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.Mesoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 10 de novembro de 2020.
Recibe o seu nome vulgar na honra de Frederick William True, que foi quen decribiu a especie.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1913 polo biólogo estadounidense Frederick William True, o primeiro conservador principal de bioloxía (1897-1911) no Museo Nacional dos Estados Unidos, hoxe integrado no Instituto Smithsoniano, na súa obra "Description of Mesoplodon mirum, a beaked whale recently discovered on the coast of North Carolina". Proceedings of the United States National Museum, 45: 651-657.
O espécime tipo foi unha femia adulta que quedara varada na beira exterior de Bird Island shoal, Beaufort Harbour, Carolina do Norte, que examinou True en xullo de 1912.Moore, Joseph Curtis (1977): "Diagnoses and Distributions of Beaked Whales of the Genus Mesoplodon Known from North American Waters". En Norris, Kenneth S. (editor) Whales, Dolphins, and Porpoises. Berkeley and Los Angeles: University of California Press.
Sinónimos A especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Mesoplodon mirus True, 1913 (protónimo) Mesoplodon mirum9 True, 1913 (desinencia do nome específico impropia)
Características As principais características de Mesoplodon mirus son: É un zifíido de tamaño medio, de corpo fusiforme moi alongado e compimido lateralmente. Pode alcanzar un tamaño de até os 5,3 m. As femias pesan até 1 400 kg, e os machos, menores,até os 1 010 kg. Ao naceren miden ao redor de 2,2 m de lonxitude. A cabeza é pequena, coa fronte globosa (melón), e remata nun bico de tamaño medio. O espiráculo pode presentar amosega, e hai unha prega detrás del. O maxilar inferior excede ao superior. Os dous dentes distintivos dos machos son pequenos e están fixados no extremo do bico (con todo, rexistráronse dentes adicionais). Posúe un dente pequeno, inclinado cara a adiante, no extremo anterior da mandíbula. Presenta, baixo a gorxa, dous sucos en forma de "V". A aleta dorsal está situada no terzo posterior do corpo. É pequena e falcada (en forma de fouce) e coa punta arredondada e o bordo posterior cáncavo. As aletas pectorais son pequenas e de forma lanceolada, e están situadas moi baixas, na zona ventrolateral; presentan alforxas tras as axilas, onde o animal pode repregalas cando se mergulla. A coloracción é gris o gris apardazada na pate traseira, máis clara nas partes inferiores e notabelmente máis escura nos beizos, ao redor dos ollo e preto da aleta dorsal. Ma zona xenital hai unha superficie de tamaño varábel de manchas brancas, amareladas ou pardas. Ás veces tamén hai unha zona escura entre a cabeza e a aleta dorsal. Unha femia no hemisferio sur era de cor negra azulada cunha zona branca entre a aleta dorsal e a caudal, así como unha mandíbula e unha gorxa de cor gris claro, con moutas negras. Un individuo das Illas Canarias tiña unha área branca desde o fociño ata o espiráculo. Os machos teñen cicatrices de ataques de tiburóns.
Distribución e poboación miniatura|250px| Vídeo submarino de zifios de True gravado fronte ás Azores. O zifio de True parece ter unha distribución disxunta e subtropical.Mead, J. G. (1989): "Beaked whales of the genus Mesoplodon". In: S. H. Ridgway and R. Harrison (eds.), Handbook of marine mammals. Vol. 4: River dolphins and the larger toothed whales. ISBN 978-0-1258-8504-1, pp. 349-430. London: Academic Press.Macleod, C. D.; Perrin, W. F.; Pitman, R. L.; Barlow, J.; Balance, L., D'amico, A.; Gerrodette, T.; Joyce, G.; Mullin, K. D.; Palka, D. L. & Waring, G. T. (2006): "Known and inferred distributions of beaked whale species (Ziphiidae: Cetacea)". Journal of Cetacean Research and Management 7(3): 271-286. No hemisferio norte só se coñecen no Atlántico norte, rexistrándose no leste de América do Norte (desde Nova Escocia até Florida), e as Bermudas, e en Europa, desde o Reino Unido (Escocia), o golfo de Biscaia, até as illas Canarias e os Azores. Tamén se encontra no sur do océano Índico, desde Suráfrica, Madagascar, o sur de Australia e a costa atlántica do Brasil.
A especie xeralmente non se atopa a máis de 30° ao norte ou ao sur do ecuador, o que pode indicar que as subpoboacións norte e sur están illadas entre si, e que posibelmente sexan xeneticamente distintas, o que está apoiado por diferenzas morfolóxicas e de cor.Ross, G. J. B. (1969): "Evidence for a Southern Breeding Population of True's Beaked Whale". Nature 222: 585.Ross, G. J. B. (1984): "The smaller cetaceans of the south east coast of southern Africa". Annals of the Cape Provincial Museums (Natural History) 15: 173-410. Non existen estimacións sobre a súa poboación.
Até os últimos anos, os zifios de True só se identificaban raramente no mar, e non hai estimacións da súa abundancia. Porén, non se cre que a especie sexa rara no Atlántico norte. Non hai información sobre as tendencias da abundancia global desta especie.Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): True's Beaked Whale. Mesoplodon mirus na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 19 de novembro de 2020.
Hábitat e bioloxía Mesolodon mirus é probblelmente unha especie peláxica de augas profundas, como outros zifíidos.Houston, J. (1990): "Status of True's beaked whale, Mesoplodon mirus, in Canada". Canadian Field-Naturalist 104: 135-137.
Como outros membros do xénero, nos animais varados encontráronse luras (principalmente Loligo spp.) no estómago. Tamén se encontraron peixes, polo menos ocasionalmente. A análise de isótopos estábeis descubriu que esta especie se alimenta a un nivel trófico similar a outras especies de Mesoplodon coas que é simpátrica, pero a un nivel trófico inferior ao do zifio de Cuvier e aos golfiños mulares do norte, o que suxire que se alimenta de presas máis pequenas que estas últimas especies.MacLeod, C. D.; Santos, M. B.; López, A. & Pierce, G. J. (2005): "Relative prey size consumption in toothed whales: implications for prey selection and level of specialization". Marine Ecology Progress Series 326: 295-307.
Non hai información sobre a reprodución e o comportamento desta especie.
Probabelmente forme gupos reducidos, e 3 a 5 individuos.
Ameazas Case non hai información sobre as ameazas e o estado desta especie. Parece que nunca foi cazado. O seu enredamento nas artes de pesca, especialmente nas redes de enmalle nas augas profundas (por exemplo, as que e empregan pa ao atún), é probabelmente a ameaza máis significativa.
Esta especie, como outros zifíidos é susceptíbel de ser vulnerábel aos sons antropoxénicos fortes, como os xerados polo sonar das mariñas e a exploración sísmica.Cox, T. M.et al. (2006): "Understanding the impacts of anthropogenic sound on beaked whales". Journal of Cetacean Research and Management 7 (3): 177-187.
Como especie de augas temperadas, o zifio de True pode ser vulnerábel aos efectos do cambio climático, xa que o quecemento do océano pode producir un cambio ou contracción do rango das especies xa que incide na temperatura das súas augas preferidas. Porén, descoñécese o efecto destes cambios no tamaño ou posición da área de dispersión desta especie.Learmonth, J. A. et al. (2006): "Potential effects of climate change on marine mammals". Oceanography and Marine Biology: An Annual Review 44: 431-464.
A evidencia de individuos varados de Mesoplodon mirus indica que tragaron obxectos de plástico desbotados. Isto pode levar á súa morte.Scott, M. D. et al. (2001): "A note on the release and tracking of a rehabilitated pygmy sperm whale (Kogia breviceps)". Journal of Cetacean Research and Management 3 (1): 87-94.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC) considera que hai pouca información sobre a abundancia da poboación desta especie, e ningunha sobre a evolución da súa tendencia. Non se cre que sexa pouco frecuente, pero é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel e non se pode descartar unha redución global do 30 % en tres xeracións. Por iso cualikfica o status da especie como DD (datos insuficientes).
En Galicia A presenza desta especie en Galicia é accidental.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3. Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7. Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5. Heyning, John E (2002): "Cuvier's Beaked Whale", en Jefferson, Thomas A. Encyclopedia of Marine Mammals, pp. 305–307. San Diego, California, USA: Academic Press. ISBN 0-12-5513040-2. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen, eds. (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos Cetáceos Odontocetos Zifíidos Lista dos mamíferos de Galicia
Ligazóns externas True's Beaked Whale. Mesoplodon mirus . Mesoplodon mirus True, 1913 en CMS . True’s beaked whale (Mesoplodon mirus) en ARKive .
Categoría:Ziphiidae Categoría:Cetáceos do océano Atlántico Categoría:Cetáceos do océano Índico Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1913