John Horton Conway, nado en Liverpool o 26 de decembro de 1937 e finado en Princeton (Nova Jersey) o 11 de abril de 2020, foi un matemático británico, especialista na teoría de gruposHarris (2015) (teoría de grupos finitos), na teoría de nós, na teoría de números,Breakfast with John Horton Conway na teoría de xogos e na teoría de códigos. Tamén fixo contribucións en moitas ramas das matemáticas recreativas, sobre todo coa invención do autómata celular chamado xogo da vida.
Traxectoria Conway naceu en 1937 en Liverpool, fillo de Cyril Horton Conway e Agnes Boyce. Interesouse nas matemáticas dende moi novo. Aos once anos a súa ambición era converterse en matemático. Tras deixar o sixth form, estudou matemáticas no Gonville and Caius College, Cambridge. "Adolescente terriblemente introvertido" na escola, tomou a súa admisión en Cambridge como unha oportunidade para volverse extravertido, un cambio que lle valeu o alcume do "matemático máis carismático do mundo".
Conway recibiu o título de Bachelor of Arts en 1959, e supervisado por Harold Davenport, comezou a investigar en teoría de números. Tras solucionar o problema aberto proposto por Davenport sobre escritura de números como sumas de potencias quintas, Conway comezou a interesarse nos ordinais infinitos. Parece que o seu interese nos xogos comezou durante os seus anos de estudo no Cambridge Mathematical Tripos, onde se tornou nun ávido xogador de backgammon. Recibiu o doutoramento en 1964 e foi nomeado College Fellow and Lecturer in Mathematics no Sidney Sussex College, Cambridge. Tras deixar Cambridge en 1986, aceptou a cátedra John von Neumann de matemáticas na Universidade de Princeton.
Entre os matemáticos afeccionados, foi coñecido pola súa teoría de xogos combinatorios, en particular por ser o creador edo xogo da vida, que foi presentado por Martin Gardner en 1970. Tamén foi un dos inventores do xogo do drago, así como do phutball e realizou análises detalladas de moitos outros xogos e problemas, como o cubo Soma.
Inventou un novo sistema numérico, os números surreais, que se atopan estreitamente relacionados con certos xogos e foron obxecto dunha novela matemática de Donald Knuth.Infinity Plus One, and Other Surreal Numbers por Polly Shulman, Discover Magazine, 1 de decembro de 1995 Tamén ideou unha notación para números extremadamente longos, a notación de frecha encadeada de Conway.
Ata o seu falecemento foi profesor de matemáticas na Universidade de Princeton. En 1981 foi elixido membro da Royal Society.
Faleceu aos oitenta e dous anos en Princeton o 11 de abril de 2020 a causa da COVID-19.
Libros Conway, J. H. (1970): Regular Machines and Regular Languages Conway, J. H. (1976): On Numbers and Games Conway, J. H.; Berlekamp E. R.; Guy, R. K. (1982): Winning Ways for your Mathematical Plays (2 volumes) Conway, J. H.; Sloane, N.J.A. (1988): Sphere Packings, Lattices and Groups Conway, J. H.; Guy, R. K. (1982): The Book of Numbers Conway, J. H.; Smith D.A. (2003): On Quaternions and Octonions
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Alpert, Mark (1999). Not Just Fun and Games Scientific American, abril 1999 Conway, John e Smith, Derek A. (2003). On quaternions and Octonions : their Geometry, Arithmetic, and Symmetry Bull. Amer. Math. Soc. 2005, vol=42, issue=2, pp. 229–243, Boden, Margaret (2006). Mind As Machine, Oxford University Press, 2006, p. 1271 Case, James (2014). Martin Gardner's Mathematical Grapevine Book Reviews of Undiluted Hocus-Pocus: The Autobiography of Martin Gardner and Martin Gardner in the Twenty-First Century, By James Case, SIAM News, 1 de abril de 2014 du Sautoy, Marcus (2008). Symmetry, HarperCollins, p. 308 Guy, Richard K (1983). Conway's Prime Producing Machine Mathematics Magazine, Vol. 56, No. 1 (xaneiro de 1983), pp. 26–33 Harris, Michael (2015). Review of Genius At Play: The Curious Mind of John Horton Conway Nature, 23 de xullo de 2015 Mulcahy, Colm (2014). The Top 10 Martin Gardner Scientific American Articles Scientific American, 21 de outubro de 2014
Princeton University (2009). Bibliography of John H. Conway Mathematics Department Rendell, Paul (2015). Turing Machine Universality of the Game of Life Springer, xullo de 2015, Seife, Charles (1994). Impressions of Conway The Sciences Schleicher, Dierk (2011), Interview with John Conway, Notices of the AMS
Ligazóns externas Biografía Perfil na revista Investigación e Ciencia Artigo na conferencia "Thinking About Math"
Categoría:Nados en Liverpool Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Matemáticos de Inglaterra Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Princeton Categoría:Finados pola COVID-19 nos Estados Unidos de América