A epiglote (do gr. ἐπί 'sobre', γλωττί-ς/-δος 'lingüeta' e ίς/-ίδα 'elemento anatómico'] é unha estrutura húmida, cartilaxinosa que forma parte do esqueleto cartilaxinoso da larinxe. Tamén marca o límite entre a orofarinxe e a laringofarinxe. A epiglote obstrúe o paso do bolo alimenticio no momento da deglutición evitando que este se vaia ao sistema respiratorio. En canto a como baixa o bolo pola farinxe sen entrar á larinxe; débese imaxinar o bolo non como unha grande esfera de alimento descendendo pola farinxe senón como acumulacións pequenas de alimento esvarando polos recesos piriformes, formados entre o espazo existente entre a epiglote e as paredes laterais da oro e laringofarinxe. O bolo, encamiñándose cara ao esófago e pasando por ambos os lados da glote, que ademais no momento da deglutición esta ascende para así evitar que os alimentos invadan a vía aérea, non entra na glote pois os recesos piriformes encamíñano correctamente cara á vía alimenticia e non aérea. (Tomado do artigo de larinxe).

Durante a respiración o veo do padal descende, facilitando o libre paso do ar pola farinxe, cara á larinxe e a traquea; a epiglote permanece levantada en todo momento.

O peche da larinxe ocorre cando os pregues vestibulares e vocais achéganse á liña media durante a deglutición. Ocasionalmente, cando se come moi rápido, os alimentos sólidos ou os líquidos poden entrar na larinxe.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Aparato respiratorio