Nanaia Cybelle Mahuta, nada o 21 de agosto de 1970, é unha política maorí de Nova Zelandia. É parlamentaria pola circunscrición de Hauraki-Waikato e exerceu como ministra de Desenvolvemento Maorí e ministra de Goberno Local durante o sexto goberno laborista de Nova Zelandia dende 2017. O 6 de novembro de 2020, asumirá o posto de ministra de Asuntos Exteriores, converténdose na primeira muller, e na primeira persoa indíxena do país, en ostentar o cargo.
Mahuta foi membro anteriormente do quinto goberno laborista do país, servindo como ministra de Aduanas, ministra do Goberno Local, ministra do Desenvolvemento da Mocidade, ministra asociada de Medio Ambiente e ministra asociada de Turismo. En 2016, realizou unha tatuaxe facial maorí (en ) converténdose na primeira muller parlamentaria en levalo no Parlamento de Nova Zelandia. En 2018, foi clasificada como unha das 100 Mulleres da BBC
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pobo maorí Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Políticos de Nova Zelandia