Aglaonice, Agloanike, ou Aganice de Tesalia (, Aglaoníkē) foi unha astrónoma da Antiga Grecia do século II ou I a.C.

Mencións É mencionada nos escritos de PlutarcoConiugalia praecepta 48 = 145c, De defectu oraculorum 13 = 417a e nos escolios de Apolonio de RodasEscolio en Argonautica 4.59 como unha astrónoma e como a filla de Hegetor (ou Hegemon) de Tesalia. Tamén foi considerada unha feiticeira porque o seu coñecemento, que a facía capaz de predicir con moita precisión o momento e a rexión en que unha eclipse lunar ía ter lugar interpretábase como unha "habilidade" ou un "poder" que lle permitía facer desaparecer a lúa do ceo, o que lle conferiu un gran poder no seu momento.

Un proverbio grego facía referencia á habilidade de Aglaonice: «Si, como a lúa obedece a Aglaonice». Outras astrónomas, ao parecer consideradas feiticeiras, foron asociadas con Aglaonice. Foron coñecidas como «as bruxas de Tesalia» e tiveron a súa actividade entre os séculos III e I a.C.Howard (2008), p. 31

No diálogo de Platón, Gorgias, Sócrates di: «Pero si hai que temer, querido amigo, que non nos ocorra, o que se di sucede ás mulleres de Tesalia cando fan descender a Lúa».Gorgias

Plutarco escribiu que «coñecía moi ben os períodos nos que a lúa chea estaba por eclipsar, e sabendo de antemán o momento en que a lúa estaba por ocultarse tras a sombra da Terra, aproveitábase das mulleres e facíalles crer que ela a facía caer».Plutarco, Conjugalia Praecepta

Cultura popular

Un dos cráteres de Venus chámase Aglaonice. Aglaonice é tamén un personaxe no filme Orpheus de Jean Cocteau, onde aparece como amiga de Eurídice e líder da liga de Mulleres. Aglaonice é unha figura da instalación de Judy Chicago, The Dinner Party, representada como un dos 999 nomes do Heritage Floor.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Astrónomos da Grecia antiga