Porqueira é un concello da provincia de Ourense, que pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 901 habitantes (1.151 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».
Poboación
Censo total 901 (2015) Menores de 15 anos 35 (3.88 %) Entre 15 e 64 anos 430 (47.72 %) Maiores de 65 anos 436 (48.39 %)
Xeografía O concello ten 43 km² e abrangue 30 entidades de poboación repartidas en 6 parroquias. Limita ao norte con Rairiz de Veiga, ao sur con Calvos de Randín e Os Blancos, ao leste con Xinzo de Limia e ao oeste con Bande e Muíños. A capital é A Forxa, situada a 52 km de Ourense.
Dentro da comarca da Limia o concello atópase nun estreitamento entre as vertentes máis suaves da Raia Seca e o río Limia. O val do río en dirección leste a oeste é o límite setentrional do concello, encaixado entre os montes de Bande e a serra do Xurés.
Historia A historia de Porqueira ten o seu apoxeo na Idade Media, cando existían o mosteiro de Porqueira e o castelo de Porqueira, do que só se conserva a torre. No século XII o rei Fernando II concedeulle a terceira parte da poboación ao Conde Fernando Arias da Casa de Traba.
Patrimonio Castelo Non se coñece a data de fundación do mosteiro de Porqueira, pero posiblemente na súa orixe fose de carácter familiar e hereditario. A mediados do século XII foi rexentado pola Orde de Cóengos Regulares de San Agostiño. En 1157 o rei Afonso VII cedeullo á catedral de Ourense.
Na primavera de 1387 foi ocupado polo duque de Lancaster, no contexto da guerra contra Pedro I iniciada en 1366. A mediados do século XV pertencía aos Benavente, e viuse envolto na revolta irmandiña.
Ao longo da Idade Moderna sufriu un proceso de ruína común a moitos outros castelos, e foron desaparecendo as edificacións, quedando só a torre. En 1837, trala creación do municipio como tal, creáronse alí as oficinas do concello de Porqueira, e máis tarde pasou a ser propiedade privada. Isto puxo en perigo a existencia da torre, que se puxo a venda como canteira de perpiaños.
Mosteiro Non se coñece tampouco a orixe do mosteiro de Porqueira. Consérvanse varios documentos datados entre 1181 e 1228 nos que os reis Fernando II e Afonso IX doaban parte do mosteiro á diocese de Ourense.
Posteriormente foi ocupado por monxes da orde dos Xerónimos, sendo esta a súa única sede na actual provincia de Ourense. Foi nesta época cando tivo maior esplendor. Sendo prior Jordán construíuse a igrexa e o claustro. Este prior, así como os seus sucesores, recibían os títulos de abade de San Lourenzo, prior e señor de Guía e Cartelas, e señor xurisdicional da Forxa. Tiñan a facultade de nomear xuíz ordinario e escribán para cada unha das catro entidades.
O título de prior foi conservado polo párroco de Santa María a Real de Porqueira. Un deles peiteou coa Mitra acerca dos seus dereitos e regalía, e para eximirse de visita pastoral, a Cámara decidiu a favor do prior, posto que pertencía ó padroado real.
Porqueira na literatura popular O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.. Ollos blancos, ollos negros,/ tenos a miña cadela/ para ir corre-los coellos/ nos montes de Paradela Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 118. No orixinal: correlos. Refírese a San Xoán de Paradela de Abeleda, Porqueira.. Baixa abaixo Castelaus, que Porqueira xa baixou, Faramiñás leva a sona, porque sempre a levou (recollida por Antón Méndez Gándara en Faramiñás. Ano 1994).
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Porqueira Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Porqueira vexa: Lugares de Porqueira.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Porqueira