O Museo das Finanzas dos Estados Unidos (en inglés: Museum of American Finance) é o único museo independente dos Estados Unidos dedicado á preservación, a exposición e a educación acerca das finanzas estadounidenses e a historia financeira. Está situado no distrito financeiro de Manhattan, na cidade de Nova York, e é unha das institucións asociadas ao Instituto Smithsoniano."About the Museum". Museum of American Finance."Affiliate Profile: Museum of American Finance". Smithsonian Affiliations. Smithsonian.
Historia En 1987, John E. Herzog, naquel momento director executivo de Herzog Heine Geduld, Inc., tomou a iniciativa de fundar o museo en resposta á caída do mercado de valores ocorrida aquel ano e proporcionoulle a maior parte do impulso intelectual ao proxecto;"In a Museum, Market Artifacts and Lots of Perspective". En The New York Times. 25 de outubro de 1998. posteriormente foi nomeado presidente e administrador emérito."Museum of American Finance Founder John E. Herzog Retires From Board". Museum of American Finance. 18 de maio de 2012.
A constitución formal do museo produciuse en 1988, inicialmente coa denominación de Museo da Historia Financeira dos Estados Unidos (Museum of American Financial History), e en 2005 actualizou o seu nome a Museo das Finanzas dos Estados Unidos (Museum of American Finance). Ata decembro de 2006 estaba situado no número 26 de Broadway e o 11 de xaneiro de 2008 o museo abriu unha nova sede no número 48 de Wall Street, na antiga sede do Bank of New York."History". Museum of American Finance."Museum of American Finance Moving to Wall Street; 30,000 sq. ft. Museum will be Financial District Visitors Center". BusinessWire.comRothstein, E. "Where the Capitalism Is (Always on Display)". En The New York Times. 2 de febreiro de 200 8. En 2018, as instalacións sufriron unha inundación e en 2020 continúase na procura dunha sede definitiva."Museum of American Finance Terminates Lease at 48 Wall Street Following Flood". Museum of American Finance. 4 de decembro de 2018.
O seu presidente é David J. Cowen."People". Museum of American Finance.
Educación financeira miniatura|Sala Hamilton do Museo das Finanzas dos EEUU
En 2010, o museo inaugurou o seu Centro para a Educación Financeira, que ofrece programas de ensino para estudantes desde a idade de educación infantil ata cursos de posgrao. En 2011 creouse a Academia do Museo das Finanzas (Museum Finance Academy –MFA–), baseada nun programa de oito semanas como complemento da actividade escolar para estudantes de ensino secundario e tamén para persoas adultas."Museum Finance Academy". Museum of American Finance. Entre 2011 e 2013, o museo asociouse coa organización non gobernamental Junior Achievement para ofrecer o programa infantil Finance Park."Capital One/Junior Achievement Finance Park Finds a New Home at the Museum of American Finance ". Museum of American Finance. 7 de decembro de 2010.
Coleccións e exposicións miniatura|Galería principal do Museo das Finanzas dos EEUU
Como parte da súa misión de documentar a historia financeira dos EEUU, o museo compila activamente documentos e obxectos relacionados cos mercados financeiros, co diñeiro e coa banca. A súa colección abrangue máis de 10.000 accións, bonos, gravados, fotografías, moedas, billetes de banco, cheques e libros.
miniatura|Galería numismática do Museo das Finanzas dos EEUU
As exposicións permanentes céntranse nos mercados financeiros, no diñeiro, na banca e no espírito empresarial, e na figura de Alexander Hamilton (1755-1804), un dos pais fundadores dos EEUU. Entre as exposicións temporais máis recentes pódense salientar Alexander Hamilton: Lineage and Legacy (abril a decembro de 2011);"Alexander Hamilton: Lineage and Legacy". Museum of American Finance. America In Circulation: A History of US Currency Featuring the Collection of Mark R. Shenkman (abril de 2015 - xaneiro de 2018);"A History of US Currency Featuring...". Museum of American Finance. For the love of money: blacks on US currency (abril de 2017 - xaneiro de 2018)"For the Love of Money". Museum of American Finance. ou Pandemics and Epidemics: Financial and Economic Effects (primavera de 2020)."Pandemics and Epidemics...". Museum of American Finances.
miniatura|Galería tecnolóxica do Museo das Finanzas dos EEUU
A exposición Alexander Hamilton: Indispensable Founder and Visionary foi inaugurada en outubro de 2014 na sala Hamilton do museo polo exsecretario do Tesouro, Timothy Geithner. Os comisarios da exposición foron John Herzog, un dos fundadores do Museo das Finanzas dos EEUU, e Mariana Oller, presidenta da Alexander Hamilton Awareness Society.Con esta exposición conmemorouse o 225 aniversario do nomeamento de Alexander Hamilton como primeiro secretario do Tesouro."On Exhibition. 'Alexander Hamilton: Indispensable Founder and Visionary' ". The Alexander Hamilton Awareness Society.
As coleccións non se viron danadas pola inundación que obrigou a pechar o museo en Wall Street en 2018."Museum of American Finance Collections Remain Unharmed as Building Suffers Major Flood ". Museum of American Finance.
Programas e eventos Nas series de conferencias e nos simposios sobre historia financeira organizados polo museo participan oradores prominentes do ámbito financeiro. Entre eles pódense destacar figuras como John Bogle, Sallie Krawcheck,Sellers, P. (2009). "Sallie Krawcheck: the big job she didn’t take". En Fortune. 9 de outubro. David Walker, Abby Joseph Cohen, Henry Kaufman, Niall Ferguson ou Neil Barofsky.Browdie, B. (2012). "Big Banks' Hold on Regulators Must Be Broken: Barofsky". En American Banker. 26 de outubro.
Outras das actividades periódicas habituais son as denominadas Lunch and Learn Series, consistentes en xantares nos que se fan presentacións, charlas, proxeccións de películas e outros actos."Our programs: Lunch and Learn". Guidestar.org
Desde 2012, o Museum of American Finance mantén un convenio coa Alexander Hamilton Awareness Society para a celebración de varios eventos anuais, en xullo e en xaneiro, denominados CelebrateHAMILTON e Happy Birthday Hamilton!, para lembrar a a figura de Alexander Hamilton."Rand Scholet on "The Essence of Alexander Hamilton's Greatness"". Museum of American Finance. 12 de xullo de 2012. "Hamilton vs. Jefferson Debate Featuring William G. Chrystal". Museum of American Finance. 11 de xullo de 2013."Alexander Hamilton Birthday Event". Museum of American Finance.
Premio Whitehead A gala anual do museo rende homenaxe a unha persoa a título individual co Premio Whitehead ao "servizo público distinguido e ao liderado financeiro", que leva o nome do subsecretario de Estado e presidente de Goldman Sachs, John C. Whitehead. Entre os galardoados destacan Paul Volcker,"UPDATE 2-Obama adviser Volcker: this crisis is different". En Reuters. 13 de xaneiro de 2009. Pete Peterson,Cole, P. (2011). "Blackstone’s Peterson Warns About U.S. Debt After Winning Award". En Bloomberg. 11 de xaneiro. William Donaldson,"Obama Adviser Donaldson to Receive John Whitehead Award at Gala ". Museum of American Finance. 11 de xaneiro de 2010. Felix RohatynGordon, A. (2012). "Scene Last Night: Rohatyn, Whitehead, Martin Lipton". En Bloomberg. 24 de xaneiro. e William Harrison, Jr.Alden, W. (2013). "Wall Street's Elite, Including Ina Drew, Honors JPMorgan's Former Leader". En DealBook. The New York Times. 9 de xaneiro.
Publicacións O museo tamén publica trimestralmente a revista Financial History, distribuída por todo o territorio dos EEUU e outros 20 países. Nela publícanse artigos acerca de acontecementos e personaxes de relevancia histórica e sobre outros temas relacionados co mundo das finanzas."Financial History Magazine ". Museum of American Finance.
Ademais, tamén publica libros e catálogos das exposicións temporais que organiza."Books and Catalogs". Museum of American Finance.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de museos numismáticos Instituto Smithsoniano
Ligazóns externas Sitio web do Museo do Museum of American Finance
Categoría:Museos de Nova York Categoría:Museos de numismática Categoría:Economía dos Estados Unidos de América