Jesús Iglesias Vázquez, coñecido como Pichel e Muros, nado en Viveiro cara a 1914, foi un carpinteiro e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Carpinteiro aveciñado en Galdo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou no Depósito de Viveiro o 20 de agosto. Trasladado ao Cárcere de Lugo, foi xulgado en consello de guerra na causa 353/37 por auxilio á rebelión e condenado a 15 anos de prisión. Saíu en liberdade condicional o 23 de agosto de 1940. Uniuse ao Grupo Neira. Morreu no monte.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1914 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Carpinteiros