Filüksinos, nado como Yusuf ÇetinTamén citado como Philoxenos Yusuf Cetin, Philexinos Yusuf Cetin, Filuksinos Yusuf Çetyn. (en ) o 20 de agosto de 1954 no distrito de Dargeçit (Mardin, Turquía) é un eclesiástico ortodoxo siríaco, vigairo patriarcal de Istambul e Ankara dende 1986.
Traxectoria Naceu o 20 de agosto de 1954 no distrito de Dargeçit (provincia de Mardin), e logo de completar na súa vila natal a súa educación, comezou estudos relixiosos e siríacos. Despois de estudar no mosteiro de San Gabriel, foi ordenado sacerdote en 1971.
En 1983 trasladouse a Damasco por invitación do patriarca Ignacio Zaqueo I Iwas, onde estudou Teoloxía no Seminario Teolóxico de Santo Efrén; ademais dos estudos teolóxicos, ampliou os seus coñecementos do siríaco, e estudou tamén árabe. Logo de rematar os seus estudos aos tres anos, comezou a dirixir o propio seminario.
O 28 de setembro de 1986 foi ordenado bispo polo patriarca Ignacio Zaqueo I, e foi nomeado vigairo patriarcal de Istambul e Ankara.
Ten publicado poesía siríaca e estudos teolóxicos nas publicacións patriarcais, e tamén traduciu ao turco dende o siríaco algunhas vidas de santos.
Reuniuse co papa Bieito XVI en 2006, con ocasión da súa visita a Turquía, e tamén asistiu á misa celebrada polo pontifice na catedral do Espírito Santo.
Notas
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados na provincia de Mardin Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa siríaca Categoría:Bispos ortodoxos orientais de Turquía