miniatura|Rabadilla branca de Apus caffer. Nas aves denomínase rabadilla á parte do corpo inmediatamente anterior á cara superior da cola.rabadilla, 2ª acep. no Dicionario da RAG.

En moitas ocasións a rabadilla adoita ser unha zona de cor contrastado co resto da plumaxe, polo que é unha característica moi útil para diferenciarmos as especies, o distinguirmos entre os sexos dunha mesma especie. Hai que ter en conta, porén, que moitas veces, coas ás pregadas, esta zona queda oculta.

Evolutivamente, a aparición da rabadilla está unida á do pigóstilo e as plumas rectrices.

Por outra parte, en todos os vertebrados, tamén se denomina rabadilla ao extremo óseo da columna vertebral que comprende o cóccix e parte do sacro.rabadilla, 1ª acep. no Dicionario da RAG.

Notas

Categoría:Anatomía das aves Categoría:Anatomía dos vertebrados