Wolfgang Reinhard Otto Hahn nado o 12 de marzo de 1945 no distrito bávaro de Tirschenreuth, é un numismático austríaco, profesor xubilado de numismática da Universidade de Viena.
Traxectoria Hahn estudou Historia, Filoloxía Clásica e Numismática na Universidade de Viena. En 1969 acadou o seu doutoramento e en 1980 a súa habilitación docente na especialidade de Numismática e Historia Monetaria.
Entre 1971 e 1990 traballou na Academia Austríaca de Ciencias (Österreichische Akademie der Wissenschaften), onde salientan as súas investigacións na área dos Estudos Bizantinos.
En 1990 ingresou como profesor no Instituto de Numismática e Historia Monetaria da Universidade de Viena, conde substituíu a Robert Göbl."Univ.-Prof. i.R. Dr. Wolfgang Hahn". Universität Wien. Hahn mantivo este posto ata a súa xubilación en 2010; o seu sucesor foi Reinhard Wolters."Numismatische Professur in Wien neu besetzt". En Münzen Woche. 18 de novembro de 2010.
Ademais da numismática bizantina, as súas investigacións centráronse principalmente na historia monetaria dos séculos VIII a XII na zona da Gran Baviera, así como nas cuñaxes do Reino de Axum.
Hahn foi desde 1983 membro correspondente da American Numismatic Society.
Recoñecementos 1996: Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá."Eligiuspreis der DNG". Sitio web da DNG."Eligiuspreisträger 1996-2005". Sitio web da DNG. 2001: Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique, de París."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN). 2007: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. 2021: Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca, de Viena."Die Eckhel Medaille ". Österreichische Numismatische Gesellschaft (Oeng.at).
Medalla Wolfgang Hahn Na honra de Wolfgang Hahn, a Universidade de Viena creou a Medalla Wolfgang Hahn, outorgada polos servizos especiais ao Instituto de Numismática e Historia Monetaria. A medalla foi deseñada polo artista Helmut Zobl e tanto a preparación dos cuños como a propia cuñaxe foron obra da Casa da Moeda de Austria."Wolfgang Hahn Medal". Department of Numismatics and Monetary History. Universität Wien.
Estes son os investigadores galardoados coa medalla Wolfgang Hahn desde a súa creación en 2010:"Wolfgang-Hahn-Medaille". Institut für Numismatik und Geldgeschichte. Univarsität Wien.
2010: Wolfgang Hahn. 2011: Theodore V. Buttrey. 2012: Wolfgang Szaivert. 2014: Bernhard Prokisch. 2016: Helmut Haydn. 2019: Michael Alram.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables da traxectoria académica de Wolfgang Hahn:"Hahn, Wolfgang 1945-". WorldCat Identities."Hahn, Wolfgang Reinhard Otto 1945- ". Digital Library Numis."Wolfgang Hahn". Regesta Imperii.
(1971). Typenkatalog der Münzen der bayerischen Herzöge und Kurfürsten. 1506-1805. Klinkhardt & Biermann, Braunschweig. (1976). Die Fundmünzen der römischen Zeit in Österreich. Abteilung III: Niederösterreich. Band 1: Carnuntum. Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 3-7001-0127-9 (1973-1981). Moneta Imperii Byzantini. Rekonstruktion des Prägeaufbaues auf synoptisch-tabellarischer Grundlage. Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena [publicada en tres volumes]. (1973): I. Von Anastasius I. bis Justinianus I. (491–565). Einschließlich der ostgotischen und vandalischen Prägungen. ISBN 3-7001-0005-1 (1975): II. Von Justinus II. bis Phocas (565–610). Einschließlich der Prägungen der Heraclius-Revolte und mit Nachträgen zum 1. Band. ISBN 3-7001-0096-5 (1981): III. Von Heraclius bis Leo III., Alleinregierung (610–720). Mit Nachträgen zum 1. und 2. Band. ISBN 3-7001-0400-6 (1973). Moneta Radasponensis. Bayerns Münzprägung im 9., 10. und 11. Jahrhundert. Klinkhardt & Biermann, Braunschweig. ISBN 3-7814-0194-4 (1988). Studies in early byzantine gold coinage (con W. E. Metcalf). American Numismatic Society, Nova York. (1999). Die Ostprägung des römischen Reiches im 5. Jahrhundert. (408-491). Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 3-7001-1537-7
Notas
Categoría:Nados en 1945 Categoría:Numismáticos de Austria Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados co Eligiuspreis Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Galardoados coa medalla Eckhel Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Profesores da Universidade de Viena Categoría:Personalidades sen imaxes