A familia Beechcraft Super King Air é parte dunha liña de avións con dous motores turbohélice producidos por Beechcraft. As series Model 200 e Model 300 comercializáronse orixinalmente como a familia "Super King Air"; a designación "Super" desapareceu en 1996. Forma a liña King Air cuntos coas series King Air Model 90 e 100.Phillips 1992, p. 7-10

No presente Beechcraft ofrece os modelos 250 (designación B200GT) e o máis grande 350i (B300). O 350ER (B300CER) está dispoñible para gobernos, militares e clientes comerciais para operacións especiais, como vixilancia aérea, ambulancia ou voos de inspección. O avión rexional Beechcraft 1900 derivou do Model B200 King Air.Phillips 1992, p. 70

A familia Super King Air fabricouse continuamente dende 1974, o período de fabricación máis longo de calquera turbohélice civil da súa clase. O modelo superou a todos os seus competidores anteriores; o único outro avión turbohélice multimotor presurizado que agora está en produción é o Piaggio P.180 Avanti.

Notas

Bibliografía

Phillips, Edward H., Beechcraft: Pursuit of Perfection, A History of Beechcraft Airplanes. Egan, Minnesota: Flying Books, 1992. .

Categoría:Aeronaves de Beechcraft Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1972