O castelán chilote é unha variedade da lingua castelá falada nas illas chilenas do arquipélago de Chiloé. Ten diferenzas distintas do castelán chileno no seu acento, pronuncia, gramática e vocabulario, especialmente por influencias da variedade local da lingua mapuche (chamado huilliche ou veliche) e algúns trazos conservadores.

Historia Despois da batalla de Curalaba (1598) e da destrución das sete cidades, Chiloé permaneceu illado do resto de Chile e desenvolveu unha cultura con pouca influencia de España e do Chile continental. Durante os séculos XVII e XVIII, a maioría da poboación do arquipélago era bilingüe, e segundo John Byron moitos españoi preferían usar o huilliche local por consideralo fermoso.Byron, John. El naufragio de la fragata "Wager". 1955. Santiago: Zig-zag. Nesa época, o gobernador Narciso de Santa María queixouse que os colonos españois nas illas non falasen o castelán de maneira correcta, senón que falaban o huilliche e que esa lingua era a máis usada.Cárdenas, Renato; Montiel, Dante y Hall, Catherine. Los chono y los veliche de Chiloé. 1991 Santiago: Olimpho. p. 277 p

Notas

Véxase tamén Outros artigos Castelán chileno Bibliografía

Categoría:Dialectos da lingua castelá de América Categoría:Linguas de Chile