Ibai Llanos Garatea, nado en Deusto (Bilbao) o 26 de marzo de 1995, é unha celebridade de Internet (ou influencer), streamer e narrador de deportes electrónicos español. Foi "caster" (narrador de deportes electrónicos) de League of Legends para a Liga de Videoxogos Profesional (LVP), creador de contido para G2 Esports e agora é creador de contido en Twitch e copropietario de KOI, un equipo de deportes electrónicos. É coñecido popularmente como Ibai. Foi considerado o mellor creador de contido do mundo no 2020 e 2021 polos Esports Awards e polos premios ESLAND. Foi portada de Forbes Magazine en outubro do 2021 como unha das persoas máis influentes de España.

Traxectoria

Primeiros anos Pasou gran parte da súa infancia co seu avó Pedro Garatea, un asistente técnico sanitario que atendía hospitalizacións domiciliarias na zona de Deusto. Ibai acompañaba o seu avó nestas visitas.

O seu pai, Javier Llanos, é sanitario. Durante a crise financeira do 2008 a súa familia viuse moi afectada. Ó seu pai viu reducido o seu salario por un cambio de quenda e tivo problemas de débedas polo que lle chegaron a embargar parte do seu soldo. Tamén debido a crise, a súa nai quedou no paro indefinidamente.

Dende cedo Ibai sentiu atracción polo deporte, especialmente ó fútbol. A súa paixón polo fútbol fixo que se achegara a narración deportiva da man de narradores como Andrés Montes, Paco González Galán ou Antoni Daimiel. Tamén grazas ao fútbol establece amizade con Ander Cortés, compañeiro co cal empezaría a súa carreira profesional.

Ibai, Ander e máis amigos comezaron a subir vídeos a YouTube no 2011 de Call of Duty: Modern Warfare 2 na canle AIGM44 (Ander, Ibai, Gunillo, Martín). Nesa mesma canle empezaron a subir os seus primeiros "casteos" de League of Legends.

Carreira profesional como narrador No ano 2014 Ander e Ibai mandaron a súa proba de narración para acceder a LVP. A proba resultou satisfactoria así que ambos pasan a narrar para a LVP, principalmente LoL (League Of Legends). No ano 2014 empezou a súa andaina na Liga de Videoxogos Profesional, con 19 anos de idade. En agosto narrou o seu primeiro partido de League of Legends, entre wSystem e PainGaming, durante a Season 7 da División de Honra da LVP. Ibai e Ander copresentaron a Gamergy de 2014, o seu primeiro evento presencial. Non foi até o ano 2015, en xaneiro, cando empezou a castear a EU LCS.

Nun primeiro momento narran dende Bilbao a través de Skype. No 2016, Ibai trasladouse a Barcelona para narrar, concretamente a Superliga Orange, dende os estudios de gravación de Mediapro, a propietaria de LVP. Debido a esta mudanza sofre de morriña e saudades da súa terra e da súa familia. O aumento de notoriedade dentro dos deportes electrónicos fai que sufra unha maior presión dos medios o cal ten en consecuencia graves problemas de ansiedade e ataques de pánico que lle impedían saír á rúa e incluso chegar a perder o sentido dos brazos. Consegue saír destes graves problemas con axuda de psicólogos.

Arredor do ano 2016 Ibai comeza a subir contido a Twitter nun ton humorístico o que fai que aumente enormemente o seu impacto social converténdose nun dos "casters" máis coñecidos fóra da escena dos deportes electrónicos. Ibai tamén aumenta o seu contido fóra do LoL facéndose moi coñecido por narrar bólas, tetris, carreiras e todo tipo de contido demostrando a súa grande facilidade para facer rir e entreter.

En febreiro de 2019, comezou a presentar un late night na canle Ubeat chamado Hoy no se sale, o cal copresentou con Bruno Feliu, tamén coñecido como Kapo 013, rapeiro, comentarista da Red Bull Batalla dos Galos e xuíz da Freestyle Master Series (FMS España).

O 27 de outubro do 2019, trala vitoria de G2 Esports sobre DAMWON Gaming o propietario de G2 e xogador profesional retirado Carlos Rodriguez "ocelote" pregoulle a Ibai diante de todo o público do Pazo de Vistalegre que traballara creando contido para G2 Esports. Ibai non rexeitou a proposta senón que suxeriu aceptala e debido a varios problemas con LVP (como a despedida de varios amigos seus) oficializou a súa saída desta empresa o 24 de xaneiro de 2020 e, o 5 de febreiro do 2020 Ibai anuncia a súa fichaxe por G2 Esports como creador de contido a tempo completo nun proxecto común con varios amigos seus e extraballadores de LVP como Ander Cortés, Ernesto Folch "BarbeQ", e Antonio Pino "Reventxz".

Pouco despois, rexeitou comentar a tempada de Premier League para centrarse plenamente no streaming en Twitch ao que, dende 2020, dedica completamente o seu tempo.

Carreira como "streamer" O grupo pasa a vivir e traballar nunha gran casa coñecida como G2 House ou a mansión de G2 onde farían directos e numerosas accións publicitarias baixo a marca de G2.

Ibai tivo un crecemento moi rápido en Twitch. Pouco despois de empezar a súa etapa como streamer comezou a pandemia do Covid-19. Tanto Ibai como outros creadores de contido como a propia plataforma multiplicaron audiencias por mor do confinamento. Durante o confinamento Ibai participou en directos con xogadores de G2 como Perkz ou Jankos , tamén colaborou con outros creadores de contido como Auron, Rubius, Cristinini ou Willyrex. Ibai é coñecido por atraer á plataforma a personalidades doutros ámbitos como PapoMC, o Kun Agüero, Courtois ou David Broncano.

Na súa etapa como streamer levou a cabo varios actos multitudinarios como La Liga Santander Challenge, un evento benéfico en colaboración coa Liga Santander e o Banco Santander desenvolvido durante o confinamento sufrido en España en marzo de 2020 a causa da COVID-19 logrando máis dun millón de espectadores e máis de 180 000 euros para causas benéficas. Tamén realizou o Ibaivisión, un concurso similar a Eurovisión en colaboración con Vizz Agency e Sony Music que enfrontaba a artistas das diferentes comunidades autónomas españolas.

Narrou baloncesto para Eurosport nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

En novembro de 2020, protagonizou a primeira curtametraxe gravada en directo, mediante a plataforma Twitch, grazas á súa colaboración coa empresa multimedia Netflix España e PlayStation España, dirixida polo catalán Jaume Balagueró, amplamente coñecido polas súas versións de filmes de terror que simulan ser realizados en vivo, coma REC.

Tras un exitoso ano con G2 o 13 de xaneiro do 2021 anuncia que deixa G2 Esports para emprender un proxecto en solitario xuntos cos seus compañeiros de casa.

Ibai comeza o seu proxecto en solitario coñecido popularmente como "IbaiLand" para o que é alugada unha gran casa coñecida como a Mansión de Ibai. Deste proxecto forman parte numerosos creadores de contido como Ibai, Ander, BarbeQ, Reven e Werlyb; que viven na mansión, e Cristinini, Knekro e IlloJuan que non viven na mansión pero que colaboran co proxecto. Na mansión tamén vive Carmen Cardenete, a mánager e xefa de produción do proxecto.

O 2 de decembro do 2021 anunciouse que deixaban de vivir na casa, que pasou a funcionar como gaming house do seu equipo de LoL.

O 15 de decembro do 2021 presentou no Palau Sant Jordi o seu equipo de deportes electrónicos, KOI da que é copropietario xunto con Kosmos, unha empresa do futbolista Gerard Piqué. Nete evento presentáronse o "roster" de LoL e máis os creadores de contido. Ademais xogouse un partido Bo3 (ó mellor de 3 mapas) contra o equipo francés Karmine Corp, que gañou KOI.

Estilo de narración e de creación de contido Entre as infuencias de Ibai no seu estilo de casteo encóntranse Andrés Montes, Manolo Lama ou Javier Sanabria entre outros.

Segundo Antoni Daimiel, famoso comentarista de baloncesto, a aparición de Ibai responde a romper coa ortodoxia na que se encontraba a narración deportiva.

O estilo de narración de Ibai aproveita a súa voz grave e potente xunto coa súa paixón polos deportes.

Vida persoal Ten un irmán máis novo, nado no 2004.

Ten unha relación longa con Carmen Cardenete dende o 2015. Carmen, coñecida en redes sociais como "Justeffe" e coñecida popularmente como G2 Jefa, G3 Jefa ou KOI Jefa é a mánager de Ibai e dos seus proxectos.

Conta con máis de 9 millóns de seguidores en Twitch, a súa principal rede social na que acadou un máximo de máis de 70 000 subscricións en setembro do 2021 sendo un dos máis grandes creadores do mundo xunto con outros españois como AuronPlay ou TheGrefg.

Aparicións e participacións

Eventos +DataNomePico de audienciaReferencia2017-2021Ibainéfico261 32828 de xuño do 2020IbaiVisión43 98131 de decembro do 2020"Campanadas 2021"552 34516 de febreiro do 2021Ibai Dates 1268 26015 de marzo do 2021IbaiLove 137 125 26 de maio do 2021"La Velada del Año"1 544 82914 de outubro do 2021Mundial de Globos622 36723 de outubro do 2021"Juegos entre casas"239 36615 de decembro do 2021Presentación KOI362 67931 de decembro do 2021"Campanadas 2022"801 0741 de febreiro do 2022DISASTER CHEFS #1 405 39716 de febreiro de 2022DISASTER CHEFS #2245 779

Ibainéficos DataXogoRecadaciónOrganizaciónPico de audienciaReferencia3 de xaneiro do 2017League of Legends36 000 €Juegaterapia45 0008 e 9 de decembro do 2018League of Legends80 000€Pediatric Cancer Center80 0007 e 8 de decembro do 2019League of Legends100 000€Save the Children115 00015, 16 e 17 de decembro do 2020 165 000€Unicef260 00017, 18 e 19 de decembro do 2021205 000€Médicos sin fronteras150 000

Televisión AnoProgramaCanle2019-2020Hoy no se saleU-BeatCopresentador7 de marzo de 2021Lo de ÉvoleLaSextaInvitado

Esports AnoVideoxogoEventoRol2014-2016League of LegendsLVP División de HonraCaster2015-2020League of LegendsEU LCSCaster2015-2020League of LegendsWorldsCaster2016-2017League of LegendsLVP Clasificatorio Challenger SeriesCaster2016League of LegendsAll-Star BarcelonaCaster e presentador2017-2020League of LegendsSuperliga OrangeCaster2017-2021VariedadeIbainéficoOrganizador e caster2018FortniteYouTube Battle RoyaleCaster2019FIFA 20VOLTA FootballActor de voz2020League of LegendsEspaña vs Portugal. Torneo BenéficoCaster e presentador2020FIFA 20La Liga Santander ChallengeOrganizador e caster2020FIFA 21VOLTA FootballActor de voz2021League of LegendsEspaña-FranciaOrganizador e caster2021League of LegendsEspaña-Francia "La revancha"Organizador e caster

Deportes tradicionais DataEventoCanle/Programa18 de marzo de 2018Liga Santander: Barcelona vs Athletic de BilbaoOnda Vasca8 de abril de 2018Liga Santander: Real Madrid vs Atlético de MadridEl chiringuito25 de novembro de 2018ACB: Barça Lassa vs Real MadridLiga Endesa6 de xullo de 2019El Partidazo de YouTubers: DjMariio vs TheGrefgYouTube3 de outubro de 2019Adidas: La Batalla DefinitivaYouTube

Documentais DataNomeCanle13 de decembro de 2018El lado más profundo de Ibai y AnderMovistar+27 de febreiro de 2020Mi historiaYouTube / Domino's Originals

Curtametraxes DataNomeDifusor24 de novembro de 2020Unboxing IbaiNetflix Cine +DataNomeDirectorMedioReferencias24 de novembro de 2020UNBOXING IBAIJaume BalagueróNetflix18 de marzo de 2022Camera Café: la películaErnesto Sevilla

Premios e nomeamentos AnoPremioCategoríaResultadoNotas2015Trasgo de OroMellor locutor2016Trasgo de OroMellor locutor2017Trasgo de OroMellor locutor2018Trasgo de OroMellor locutor2020Esports AwardsStreamer do ano2021Esports AwardsStreamer do ano2021The Game AwardsCreador de contido do ano2022ESLANDClip do ano2022ESLANDFail do ano2022ESLANDBaile do ano2022ESLANDCanción do ano2022ESLANDEvento do ano2022ESLANDMellor serie de contido2022ESLANDStreamer do ano

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Willyrex AuronPlay El Rubius

Categoría:Presentadores de televisión do País Vasco Categoría:Personalidades de España Categoría:Personalidades de YouTube Categoría:Humoristas do País Vasco Categoría:Personalidades de Twitch Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1995