O Gran Premio de Italia é un dos máis antigos eventos no calendario da Fórmula 1. O Gran Premio de Italia foi tamén unha das carreiras da primeira edición do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950, e celebrouse cada ano desde entón. A única outra carreira do campionato que se celebrou tódolos anos é o Gran Premio do Reino Unido, e as únicas outras carreiras de F1 inaugurais que aínda están no calendario son o Gran Premio de Mónaco e o Gran Premio de Bélxica. Todos os grandes premios de Italia de Fórmula Un desde 1950 celebráronse en Monza (agás en 1980, cando se celebrou en Imola). O Gran Premio de Italia contaba para a Eurocopa 1935-38. Foi designado como Gran Premio de Europa sete veces entre 1923 e 1967, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a unha carreira de grand prix en Europa.

Historia

Orixes

O automobilismo sempre foi moi popular en Italia, o primeiro Gran Premio de automobilismo italiano tivo lugar o 4 de setembro de 1921 nun circuíto de 17´3 km preto de Brescia. Con todo, a carreira está máis estreitamente asociada coa pista de Monza, un centro de carreiras nos arredores da norteña cidade de Milán, que foi construído en 1922 a tempo para a carreira dese ano, e foi a sede da maioría das carreiras a través dos anos.

O Autodromo Nazionale Monza é un autódromo situado nas proximidades de Monza, en Italia, ao norte de Milán. O circuíto é recoñecido por acolle-lo Gran Premio de Italia de Fórmula 1, e caracterízase pola alta porcentaxe de trazado que os pilotos percorren co acelerador a fondo, debido ás longas rectas. O récord actual da pista, en carreira, foi marcado en 2004 por Rubens Barrichello, cun tempo de 1:21.046. Cabe destacar, que neste circuíto se bateu a velocidade máxima dun monopraza nun gran premio con 372´6 km/h, durante os adestramentos libres do Gran Premio de Italia de 2005, polo piloto Juan Pablo Montoya.

O autódromo consta de tres pistas: o trazado de 5.793 km usado para os Grandes Premios, a pista Júnior que se estende ao longo de 2.405 km, e un circuíto peraltado de velocidade de 4´25 km (Tamén coñecido como o Anel da Velocidade). Entre as principais curvas do autódromo poden salientarse a Curva di Lesmo, a Curva Parabólica e a Variante Ascari.

A pista orixinal foi construída entre os meses de maio e xullo de 1922 por 3500 obreiros, coa financiamento do Milan Automobile Club, que creou a Società Incremento Automobilismo e Sport (SISA) para poder desenvolve-lo autódromo. Inicialmente, utilizouse un terreo de 3´4 km² cunha pista de 10 km de extensión, que se compoñía por unha sección de circunvalación de 4´5 km e outra de 5´5 km transitando rutas. A pista foi inaugurada oficialmente o 3 de setembro de 1922, e 7 días despois foi sede do segundo Gran Premio de Italia.

En 1928, o Gran Premio viuse embazado polo accidente máis grave do deporte automotor italiano, perdéndose a vida do piloto Emilio Materassi e 27 espectadores. Debido a isto, os seguintes Grandes Premios víronse confinados a sección do óvalo de velocidade ata 1932. Novamente ocorreron tres mortes en 1933, tralo cal o trazado foi modificado co agregado de dúas chicanes e a desaparición das rectas máis longas.

Entre os anos 1938 e realizáronse grandes refaccións, incluíndo a construción de novas tribunas e entradas, o reasfaltado da pista e a creación de dúas novas curvas. O trazado resultante, cunha extensión de 6´3 km, foi utilizado ata .

Debido a guerra, as carreiras foron suspendidas ata 1948 e gran parte da pista viuse deteriorada pola falta de mantemento. Realizouse unha renovación durante dous meses, o cal permitiu que se disputase un Gran Premio o 17 de outubro. En modernizouse o trazado na súa totalidade, quedando o circuíto cun percorrido de 5´75 km e unha sección de 4´25 km de alta velocidade con curvas peraltadas.

Os Grandes Premios de , , e realizáronse en Monza, pero a traxedia volvería facerse presente neste último caso, coa morte nun accidente de Wolfgang von Trips e 11 espectadores. Isto fixo que se agregasen novas barreiras de seguridade, e que a zona de reaprovisionamento de combustible se distanciase da pista aínda máis. As áreas de escape incorporáronse nas curvas en tras un accidente na carreira dos 1000 km, pero o trazado da pista non se volvería a modificar ata o ano seguinte, co agregado de chicáns na zona de curvas peraltadas.

Desde , o circuíto acolleu carreiras de automóbiles e tamén de motocicletas, pero en ambos casos as altas velocidades que se alcanzaban levaron ao agregado de novas chicáns cara a . As motocicletas, non obstante, continuaron utilizando o circuíto rápido, ata que 5 mortes en dúas carreiras da tempada de forzaron a ausencia de dita proba ata . As chicáns de resultaron ser moi ineficaces na redución de velocidades, ata o punto de que unha delas foi redeseñada en , a outra en , e unha terceira foi engadida nese mesmo ano, levando a extensión do trazado a 5´8 km.

As novas tecnoloxías permitiron acadar novamente altas velocidades, polo cal a pista debeu ser modificada substancialmente en , co agregado de pianitos, zonas de escape e barreiras de cubertas. A infraestrutura foi mellorada en xeral, e realizáronse traballos adicionais sobre a seguridade do circuíto, todo o cal permitiu a volta do campionato mundial do motociclismo en 1981. Durante os 80, redeseñaronse os paddocks, boxes e tribunas.

Nos 90 os tres curvóns principais foron "apertados" para reducir velocidades, o cal levou a extensión do trazado a 5,77 km. No ano 1997, as tribunas modificáronse para levar a súa capacidade a 51000 espectadores.

Existe unha grande incerteza sobre o feito de que Monza continúe como sede da carreira a partir de . O Autódromo Enzo e Dino Ferrari, coñecido coloquialmente como Imola asinou un acordo con Bernie Ecclestone para albergar o Gran Premio a partir de . Con todo, o acordo debe ser ratificado pola federación italiana de automobilismo para que o evento teña lugar. O circuíto de Imola aloxou previamente o Gran Premio de Italia en 1980 e a Gran Premio de San Marino de a .

Un total de doce pilotos italianos gañaron o Gran Premio de Italia, dez antes da segunda guerra mundial e tres cando formaba parte do campionato mundial de Fórmula Un. Alberto Ascari gañou a carreira tres veces (unha vez antes da Fórmula Un e dúas veces durante o campionato de Fórmula Un). Elio de Angelis e Riccardo Patrese gañaron o Gran Premio de San Marino en e , que non se celebraron no pequeno país, senón en Imola preto de Boloña en Italia. Michael Schumacher gañouno 5 veces e Nelson Piquet gañou 4 veces. Ferrari gañou o seu Gran Premio de casa 19 veces.

Patrocinadores 1988–1991: Coca-Cola Gran Premio d'Italia 1992–1996: Pioneer Gran Premio d'Italia 1997–2001: Gran Premio Campari d'Italia 2002–2006: Gran Premio Vodafone d'Italia 2007–2012: Gran Premio Santander d'Italia 2016–presente: Gran Premio Heineken d'Italia

Gañadores do Gran Premio de Italia

Gañadores múltiples (pilotos)

Pilotos que están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual. Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Fondo crema indica un evento que formaba parte do Campionato de Europa de pre- guerra.

Nº de vitorias Piloto Anos 5 Michael Schumacher 1996, 1998, 2000, 2003, 2006 Lewis Hamilton 2012, 2014, 2015, 2017, 2018 4 Nelson Piquet 1980, 1983, 1986, 1987 3 Tazio Nuvolari 1931, 1932, 1938 Alberto Ascari 1949, 1951, 1952 Juan Manuel Fangio 1953, 1954, 1955 Stirling Moss 1956, 1957, 1959 Ronnie Peterson 1973, 1974, 1976 Alain Prost 1981, 1985, 1989 Rubens Barrichello 2002, 2004, 2009 Sebastian Vettel 2008, 2011, 2013 Max Verstappen 2022, 2023, 2025 2 Luigi Fagioli 1933, 1934 Rudolf Caracciola 1934,  1937 Phil Hill 1960, 1961 John Surtees 1964, 1967 Jackie Stewart 1965, 1969 Clay Regazzoni 1970, 1975 Niki Lauda 1978, 1984 Ayrton Senna 1990, 1992 Damon Hill 1993, 1994 Juan Pablo Montoya 2001, 2005 Fernando Alonso 2007, 2010 Charles Leclerc 2019, 2024

Gañadores múltiples (escudarías)

Escudarías que están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual. Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Fondo crema indica un evento que formaba parte do Campionato de Europa de pre- guerra.

Nº de vitorias Construtor Anos 21 Ferrari 1949, 1951, 1952, 1960, 1961, 1964, 1966, 1970, 1975, 1979, 1988, 1996, 1998, 2000, 2002, 2003, 2004, 2006, 2010, 2019, 2024 11 McLaren 1968, 1984, 1985, 1989, 1990, 1992, 1997, 2005, 2007, 2012, 2021 10 Mercedes 1934, 1937, 1954, 1955, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2026 8 Alfa Romeo 1924, 1925, 1931, 1932, 1933, 1947, 1948, 1950 6 Williams 1986, 1987, 1991, 1993, 1994, 2001 5 Lotus 1963, 1972, 1973, 1974, 1977 Red Bull Racing 2011, 2013, 2022, 2023, 2025 3 Auto Union 1935, 1936, 1938 Brabham 1978, 1980, 1983 British Racing Motors 1962, 1965, 1971 2 Fiat 1922, 1923 Bugatti 1926, 1928 Maserati 1953, 1956 Vanwall 1957, 1958 Renault 1981, 1982

Ano por ano miniatura|right|Imola usado en 1980 miniatura|dereita|Monza (con algunhas modificacións) de 1976 a 1999 miniatura|dereita|Monza (coa modificación da Variante Ascari) de 1972 a 1975 miniatura|dereita|Monza usado de 1957 a 1959 e de 1962 a 1971 miniatura|dereita|Circuíto combinado de Monza, usado en 1955-1956 e 1960-1961 miniatura|right|Monza usado de 1950 a 1954 miniatura|300px|Mapa cas localizacións dos Gran Premios de Italia.

Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Fondo crema indica un evento que formaba parte do Campionato de Europa de pre- guerra.