Na mitoloxía grega, Xapeto (en grego antigo, Ίαπετός Iapetós) era un Titán, fillo de Xea (a Terra) e Urano (o Ceo).
Mitoloxía Casou con Clímene, filla de Océano e Tetis, con quen tivo catro fillos: Atlas (ou Atlante), Menecio, Prometeo e Epimeteo. Deste xeito, está relacionado coa raza humana, recuperada tras o diluvio por Deucalión, fillo de Prometeo e de Clímene Ou ben de Celeno ou Pronea..
Deucalion era o fillo de Prometeo
Outras fontes din que a súa esposa foi Asia, tamén filla de Océano; ou ben Asopis, unha neta de Océano.
Xunto ós seus irmáns, púxose do lado de Cronos na guerra da Titanomaquia, fronte a Zeus. Ó ser derrotados, todos eles terminaron condenados por Zeus a ser encerrados no Tártaro.
Iconografía
Elvira Barba non recolle ningunha iconografía deste deus.
Notas
Véxase tamén Bibliografía ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017. GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto] Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA OVIDIO: Metamorfosis, Alianza Editorial, 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017.
Categoría:Titáns