Audoíno (en longobardo: Aldwin ou Hildwin, en latín: Audoinus; tamén chamado Auduin o Audoin) foi un rei longobardo do século VI que gobernou entre o 547 e 563.

Traxectoria Pertencente á estirpe dos gausos, segundo a Historia Langobardorum, era fillo de Menia, a esposa longobarda de Basinus, rei dos Turingii,Brandes (2005), p. 181e medio irmán do rei Hermanfredo de Turinxia e Radegunda, a esposa do rei longobardo Wacho.

Segundo Procopio de Cesarea, (Historia das Guerras V, 13), trala morte de Hermanfredo, a súa viúva, Amalaberga, fuxiu cos seus fillos Amalafredo e Rodelinda cara Italia onde seu irmán Teodato era, nese momento (534-36), rei dos ostrogodos.Procopio de Cesarea (2007), p. 127. Polo 539, durante as Guerras góticas, estes, foron capturados polo xeneral bizantino Belisario e enviados a Constantinopla. Aló, Xustiniano converteu a Amalafredo en xeneral e casou a Rodelinda con Audoino.

Á morte do soberano letingo Wacho e cando Valtari o seu fillo menor de idade subiu ao trono, Audoíno asumiu o papel de rexente (sobre 540). Conduciu aos longobardos a Pannonia, onde foron asentados por Xustiniano e, cara ao 541, convértese en federado do Imperio Bizantino, obtendo un fœdus do emperador Xustiniano quen lle outorga a Pannonia e a Nórica así como subsidios a cambio de defender a fronteira do Danubio fronte os francos.

Cando, de alí a pouco, tamén morre Valtari, aínda novo (547), Audoíno non respectou os dereitos dos outros parentes do defunto soberano e proclamouse rei. Consumado o cal, porén, foi aceptado sen demasiadas desordes polo pobo longobardo que, neste período de pleno ascenso, estaba situado na Pannonia.

A partir de 551, debeu enviar tropas a Italia ao servizo de Narsés, nas chamadas Guerras góticas, contra os ostrogodos e en 552 non foron menos de 5 000 guerreiros longobardos os que participaron na derrota ostrogoda nas abas do Vesuvio. Ese mesmo ano, Audoíno conseguira vencer tamén aos xépidos coa axuda do seu cuñado Amalafredo:Wolfram (1997), p. 283 o rei dos xépidos, Turisindo, perdeu ao seu fillo marior, Turismundo, na batalla de Asfeld, durante a cal foi morto por Alboíno, o fillo de Audoíno.

Morto sobre o 563, foi o pai do rei Alboíno, que levou aos longobardos a Italia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos Longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán 1992). I, 22.

Origo gentis Langobardorum, ed. G. Waitz in Monumenta Germaniae Historica SS rer. Lang. § 5.

Outros artigos Reino longobardo. Longobardos.

Categoría:Historia medieval de Italia Categoría:Reis longobardos Categoría:Finados en 563