Agatón, falecido o 10 de xaneiro de 681, foi o 79º papa desde 678 até a súa morte.
Traxectoria Sen dúbida de orixe oriental, viviu durante longo tempo en Palermo (Sicilia) antes de pasar a Roma. É coñecido principalmente por facer condenar o monotelismo no IV Concilio de Constantinopla (680-681), e por ser quen de ter librado a Igrexa das imposicións do emperador de Bizancio. Así mesmo fixo recoñecer polo arcebispo de Rávena a autoridade da sede romana, acrecentando a influencia de Roma sobre o clero occidental.
O seu nome procede do grego ἀγαθός, agathos, («bo, valente»). Canonizado, a súa festa rememórase no 10 de xaneiro. É o padroeiro da cidade siciliana de Palermo.
Segundo se conta foi elixido papa con 103 anos.
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de papas
Categoría:Papas Categoría:Finados en 681