O piragüismo é un deporte de competición dos Xogos Olímpicos de Verán dende os Xogos de 1936 en Berlín, aínda que tamén foi un deporte de exhibición nos Xogos de 1924 en París.Olympic sprint events Hai dúas disciplinas de competición en piragüismo: slálom e augas tranquilas.

Neste deporte úsanse dous tipos de embarcacións: a canoa con 1 ou 2 tripulantes e o caiac con 1, 2 ou 4 tripulantes. Isto leva á designación do nome de cada evento. Por examplo, "C-1" é unha proba de canoa individual e "K-2" é unha proba de caiac dobre. As carreias teñen polo xeral 500 ou 1000 metros de lonxitude, aínda que tamén existiron probas de 10;km entre os anos 1936 e 1956. O 13 de agosto de 2009, a Federación Internacional de Piragüismo anunciou que as probas masculinas de 500 m serían substituídas nos Xogos Olímpicos de 2012 por probas de 200 m, sendo unha delas K-1 feminina de 200 m. As outras probas masculinas de 200 m serían C-1, K-1 e K-2. Isto foi confirmado en 2009 pola Xunta directiva nun encontro en Windsor, Berkshire, Reino Unido o 5 de decembro de 2009.

Notas

Categoría:Piragüismo nos Xogos Olímpicos