miniatura|200px|O primeiro OV1. Orbiting Vehicle 1 ou OV1 e OV1P, foi unha serie de satélites de investigación da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzados entre 1965 e 1971.
Características Os satélites OV1 eran pequenos satélites de investigación lanzados en primeiro lugar como carga de oportunidade durante os lanzamentos de proba de mísiles Atlas e despois mediante foguetes adicados. Estaban formados polo propio satélite e o módulo de propulsión ou OV1-PM, que por separado podía cumprir as súas propias misións, nas que se denominaba OV1P. Os satélites OV1 foron adicados a diferentes experimentos en diferentes campos, incluíndo física e bioloxía.
Misións OV1 1: adicado ao estudo dos micrometeoritos, o fondo cósmico de radio, a densidade de electróns, os campos magnéticos, a concentración de protóns e as emisión ultravioleta e infravermella da Terra. O mecanismo de separación entre satélite e foguete fallou, co que non se cumpriron os obxectivos. OV1 2: levaba a bordo un espectrómetro para protóns e electróns, un detector de raios X, un magnetómetro, dúas cámaras de ións equivalentes a tecido e dosímetros blindados para protóns e electróns. OV1 3: levaba unha cámara de ións, un espectrómetro e un experimento de simulación de torso humano de transferencia linear de enerxía. O foguete Atlas explotou durante o voo. OV1 4: levou a órbita experimentos de crecemento biolóxico de algas do xénero Chlorella e plantas do xénero Lemna. OV1 5: levaba o experimento BORE (Background Optical Radiation Experiment). OV1 6: adicado a despregar no espazo obxectivos ópticos. OV1 7: experimento de gradente gravitatorio. O motor do satélite fallou e as portas para liberar o experimento non se abriron. OV1 8: denominado tamén PasComSat, era unha esfera inflable usada como repetidor de comunicacións pasivo. OV1 9: experimento de radiación exosférica e sistema experimental de determinación da actitude. OV1 10: levaba a bordo dous fotómetros, un contador Geiger, un magnetómetro dual de vapor de rubidio, un telescopio de raios cósmicos pesados, mostras de materiais, un espectrómetro de Bragg de raios X e un experimento de gradente de gravidade. OV1 11: non chegou a separar do foguete lanzador. Ía estudar as luces nocturnas da Terra, o plasma espacial e os raios X solares entre outras cousas. OV1 12: levaba o experimento FARO (Flare Activated Radio-biological Observatory). OV1 13: levaba un contador Geiger, catro espectrómetros, un analizador magnético e outro electrostático, células solares flexibles e un experimento de fricción e desgaste. OV1 14: levaba un experimento de interferencia electromagnética e un telescopio Lyman alfa. OV1 15: levaba o experimento SPADES (Solar perturbation of atmospheric density experiment). OV1 16: tamén denominado LOADS 1 ou Cannonball 1, era unha esfera de alta densidade lanzada para estudar a densidade da atmosfera a baixas altitudes. OV1 17: levaba a bordo un experimento de propagación de radioondas, detectores de partículas e luz nocturna, unha baliza para calibración de seguimento de meteoros e un experimento de gradente gravitatorio. '''OV1 17A: coñecido tamén como Orbiscal 2, era o módulo de propulsión de OV1 17. Foi usado para estudar as transmisións de radio a través da ionosfera.OV1 18: estudou a ionosfera, probou unha antena de disco de alta ganancia, levaba un detector de electróns aurorais. OV1 19: levaba a bordo detectores para os cintos de Van Allen. OV1 20: coñecido tamén como LOADS 2, tiña a mesma misión que LOADS 1. '''OV1 20P: levaba dous experimentos a bordo, un analizador de protóns enerxéticos e un detector termal de fluxo de partículas.OV1 21: levaba a bordo varios experimentos para estudar a atmosfera superior.OV1 21P: levaba un espectrómetro de masas, un experimento de composición atmosférica e un experimento de resonancia. 'OV1 86: levaba a bordo varios radiómetros e interferómetros, un telescopio de raios cósmicos e un experimento de gradente gravitatorio.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasOV1 121 de xaneiro de 1965Atlas DFalloOV1 25 de outubro de 1965Atlas DÉxitoOV1 328 de maio de 1965Atlas DFalloOV1 430 de marzo de 1966Atlas DÉxitoOV1 530 de marzo de 1966Atlas DÉxitoOV1 63 de novembro de 1966Titan 3CÉxitoOV1 714 de xullo de 1966Atlas DFalloOV1 911 de decembro de 1966Atlas DÉxitoOV1 1011 de decembro de 1966Atlas DÉxitoOV1 1127 de xullo de 1967Atlas DFalloOV1 1227 de xullo de 1967Atlas DÉxitoOV1 8627 de xullo de 1967Atlas DÉxitoOV1 136 de abril de 1968Atlas FÉxitoOV1 146 de abril de 1968Atlas FÉxitoOV1 1511 de xullo de 1968Atlas FÉxitoOV1 1718 de marzo de 1969Atlas FÉxitoOV1 17A18 de marzo de 1969Atlas FÉxitoOV1 1818 de marzo de 1969Atlas FÉxitoOV1 1918 de marzo de 1969Atlas FÉxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Atlas D Atlas F Titan 3C Orbiting Vehicle 2 Orbiting Vehicle 3 Orbiting Vehicle 4 Orbiting Vehicle 5
Categoría:Satélites artificiais