Aleksei Nikolaievich Ovchinin, nado en Ribinsk (óblast de Yaroslavl) o 28 de setembro de 1971, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-20M, Soiuz MS-10 e Soiuz MS-12 e que foi membro das expedicións 47, 48, 59 e 60 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Ovchinin graduouse na Escola Eisk de Pilotos da Forza Aérea en 1992. Foi seleccionado como cosmonauta en outubro de 2006, participando nas misións Soiuz TMA-20M, Soiuz MS-10 e Soiuz MS-12 e sendo membro das expedicións 47, 48, 59 e 60 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 172,16 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-20M Soiuz MS-10 Soiuz MS-12 Expedición 47 Expedición 48 Expedición 59 Expedición 60 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados no óblast de Yaroslavl