Posición por defecto Por regra xeral, o pronome átono vai colocado sempre detrás do verbo e pegado a el.

Pronome ben colocadoPronome mal colocado Gustoume a película A película me gustou Onte vinte pola rúa Onte te vin pola rúa

Excepcións Hai determinadas palabras que, precedendo ao pronome, fan que o pronome se coloque diante do verbo. Neste caso o pronome non vai pegado ao verbo. Estas palabras son:

As que marcan subordinación: que (aínda que, sempre que, posto que, xa que...) se...

Pronome ben colocado Pronome mal colocado Dixo que te vira onte Dixo que vírate onte Se llo regalas, terás un premio Se regálasllo, terás un premio

Os adverbios de negación (non, nunca, xamais)

Pronome ben colocado Pronome mal colocado Non o vin Non vino

Os adverbios de dúbida (quizais, talvez, seica, disque)

Pronome ben colocado Pronome mal colocado Quizais che pregunte mañá a lección Quizais pregúnteche mañá a lección Seica te veu ver teu pai Seica veute ver teu pai

Algúns outros adverbios: xa, só, ben, mal, axiña, sempre, aínda, aquí, aí, alí, máis, menos...

Pronome ben colocado Pronome mal colocado Xa cho dixo aquela rapaza Xa díxocho aquela rapaza Só llo contei á miña sogra Só conteillo á miña sogra Sempre te estás a meter comigo Sempre estaste a meter comigo Aínda cho pedín o outro día Aínda pedincho o outro día Máis nos valería marchar Máis valeríanos marchar Aquí o tes Aquí telo

Os pronomes interrogativos: onde, cando, canto, como

Pronome ben colocado Pronome mal colocado Canto lle deches...? Canto décheslle...?

Algúns indefinidos: ninguén, alguén, calquera, mesmo, algo, nada, bastante...

Pronome ben colocado Pronome mal colocado Ninguén mo dixo Ninguén díxomo Nada che debo Nada déboche

Posición variable Nalgúns casos o pronome pode ir diante ou detrás: Cando o precede unha preposición

Pronome ben colocado Para dicirlle iso cómpre valor Para lle dicir iso cómpre valor

Nas perífrases verbais pode ir a carón do verbo principal (téñoche que dicir), despois da conxunción ou preposición (teño que che dicir) ou detrás do verbo se este está en infinitivo (teño que dicirche)

Pronome ben colocadoPronome mal colocado Téñoche que dar unha boa noticia Teño que che dar unha boa noticia Teño que darche unha boa noticia Che teño que dar unha boa noticia

Véxase tamén Outros artigos Pronome Wikipedia:Curso de lingua galega

Colocación do pronome en galego