Que son os numerais?

Os numerais son os determinantes que acompañan un substantivo e indican cantidade exacta (cardinais), orde (ordinais), fraccións (partitivos) ou múltiplos (múltiplos).

Vexamos no seguinte cadro como se escriben os números ata vinte:

  Cardinais Ordinais Partitivos Multiplicativos 1 un/unha primeiro-a     2 dous/dúas segundo-a medio-a dobre, duplo-a 3 tres terceiro-a terzo-a triplo-a 4 catro cuarto-a cuarto-a cuádruplo-a 5 cinco quinto-a quinto-a quíntuplo-a 6 seis sexto-a sexto-a séxtuplo-a 7 sete sétimo-a sétimo-a séptuplo-a 8 oito oitavo-a oitavo-a óctuplo-a 9 nove noveno-a noveno-anono-a   10 dez décimo-a décimo-a  décuplo-a 11 once undécimo-aonceno-a onceavo-aundécimo-a   12 doce duodécimo-adécimo segundo-a doceavo-aduodécimo-a   13 trece décimo terceiro-a treceavo-a   14 catorce décimo cuarto-a catorceavo-a   15 quince décimo quinto-a quinceavo-a   16 dezaseis décimo sexto-a dezaseisavo-a   17 dezasete décimo sétimo-a dezaseteavo-a   18 dezaoito décimo oitavo-a dezaoitoavo-a   19 dezanove décimo noveno-a dezanoveavo-a   20 vinte vixésimo-a vinteavo-a  

Hai certos substantivos numerais ou colectivos relacionados cos numerais como:

par: un par de ollos parella: unha parella de gatos trío: eles forman un trío para cantar decena/ducia: merquei unha ducia de ovos cento: Xosé pesa un cento de quilos milleiro: Diso fai un milleiro de anos metade: Quero a metade da mazá

Para indicarmos orde tamén podemos empregar os numerais cardinais no canto dos ordinais, solución que mesmo parece aconsellable a partir do cardinal décimo noveno. Así, en vez de dicirmos a cláusula trixésimo segunda podemos dicir a cláusula trinta e dous.

Categoría:Gramática da lingua galega