A Rúa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Desde o punto de vista eclesiástico fai parte, xunto con outros concellos do oriente ourensán, da diocese de Astorga. Segundo o IGE en 2015 tiña 4595 habitantes (5027 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».

Toponimia O nome do concello vén do substantivo común rúa (camiño dentro dunha poboación), que vén do latín vulgar via ruga (camiño entre casas), xa que ruga significa no latín clásico engurra. O termo rúa é compartido noutras linguas próximas como no portugués rua, en albanés rrugë, en bretón ruioù ou en francés rueEtimoloxía da Rúa no Portal das Palabras da RAG..

Demografía

Censo total 4595 (2015) Menores de 15 anos 475 (10,34 %) Entre 15 e 64 anos 2785 (60,61 %) Maiores de 65 anos 1335 (29,05 %)Estranxeiros 204 (4,44 %)

Xeografía O concello limita ao norte con Vilamartín de Valdeorras e Quiroga (este último da provincia de Lugo), ao sur con Larouco, ao leste con Petín e Vilamartín de Valdeorras, e ao oeste con Quiroga.

Os cumios de maior altitude están cara ao norte, na serra dos Cabalos, os montes de Cereixido e a serra da Enciña da Lastra: Lagoa Grande (1242 m), Pincheira (1139 m) e A Torrenta (1134 m). Cara ao sur está o val do río Sil, ao que van dar varios ríos e regatos no encoro de San Martiño.

Ten un clima suboceánico con trazos continentais e mediterráneos, con escasas choivas.

Historia Antes da romanización, segundo Plinio e Tolomeo, as terras estaban habitadas polos guigurros, do convento xurídico asturicense. Na localidade da Rúa estaba situada a Forum Cigurrorum romana (Cigurria), a VIII mansión da Vía Nova do itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga, cruzando o río Sil pola ponte da Cigarrosa. Preto desta ponte atopouse unha lápida de cuarzo cunha inscrición romana, conservada na igrexa de Santo Estevo.

Na Idade Antiga establecéronse na zona os suevos e os visigodos, que utilizaron a vila como ceca de cuñaxe de moeda durante os reinados de Viterico, Sisebuto e Suintila, entre os anos 603 e 631. Logo da invasión musulmá asentáronse os agarenos, expulsados por Afonso I de Asturias a mediados do século VIII.

Na Idade Media a zona estivo baixo dominio dos reis de Asturias, León e Galiza e baixo o señorío dos condes de Lemos e Ribadavia.

Ata a Idade Moderna a vila recibiu o nome de Santo Estevo.

No século XIX houbo enfrontamentos entre a guerrilla e as tropas francesas durante a guerra da Independencia. En 1811 faleceu na zona María Manuela de Lunas y Sancho, heroína na defensa de Zaragoza.

Escudo Segundo o Decreto 281/1991, do 5 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello da Rúa (Ourense), a organización do escudo do concello queda do seguinte xeito: "Escudo de prata cunha banda de azur; brocante escudón de azur cunha ponte de ouro, mazonado de sable posto sobre ondas de prata e azur, e sumado dun sotuer de ouro. Ó timbre coroa real."Decreto 281/1991,.do 5 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello da Rúa (Ourense) O concello representa o escudo cunha banda inferior coa lenda Forvm EgvrrorvmWeb do concello.

Irmandamentos dereita|miniatura|Cartel en Almendralexo. O concello da Rúa está irmandado co de Almendralexo (provincia de Badaxoz) desde 2002

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares da Rúa Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Rúa vexa: Lugares da Rúa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas Blog Forum Gigurrorum

Categoría:A Rúa Rúa