Rubiá é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1494 habitantes (1716 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».
Demografía Censo total 1494 (2014) Menores de 15 anos 100 (6,69 %) Entre 15 e 64 anos 812 (54,35 %) Maiores de 65 anos 582 (38,96 %)
Xeografía O concello ten 100,7 km², e abrangue 10 parroquias. Limita ao norte e ao leste coa provincia de León, ao sur con Carballeda de Valdeorras e ao oeste co Barco de Valdeorras.
É predominantemente montañoso, localizándose ao noroeste a zona máis abrupta, a serra da Enciña da Lastra, que se alonga pola parte central e oriental do concello, e onde nacen dous ríos, o Meiral e o Galir, afluentes do Sil. Ten unha altitude media duns 600 metros, sendo as cotas máis altas os picos das Tres Penas Marías (1268 m), O Piornal (1528 m) e Portelo da Tara (1099 m).
Historia A zona estivo poboada desde a prehistoria, conservándose dous poboados castrexos: o castro de Pardellán e o castro de Cabeza. Durante a romanización construíronse varias vías.
Na idade media albergou varios mosteiros. Desa época consérvase un templo románico en Pardollán. Hai tallas barrocas, como o retablo do Rosario e a talla dos doce apóstolos do retablo maior da parroquial de Rubiá, ou a talla da Virxe do Rosario, o Sagrario coa Verónica na porta (obras de Gregorio Español) e a pequena talla de santo Antón Abade en Biobra.
Entre a arquitectura civil destaca a Casa Grande de Rubiá e a ponte de Regueiral.
Sendeirismo Rubiá conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 144 "Ruta Natural dos Castros a Nivieira". É unha ruta sendeirista circular de 6 km con principio e fin en Rubiá.
No concello localízase a árbore senlleira aciñeira de Covas.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Rubiá Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rubiá vexa: Lugares de Rubiá.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Rubiá
Ligazóns externas Decreto do venres, 18 de outubro de 1985 polo que se aproba o escudo heráldico do concello de Rubiá Sendeirismo: PR-G 144 Ruta Natural dos Castros a Nivieira (Concello de Rubiá) - SEGATUR
Categoría:Rubiá