Un adverbio é unha palabra ou elemento gramatical invariábel que serve para expresar un matiz ou para complementar un verbo, un adxectivo ou outro adverbio:
Gústame moito Era moi grande Arribaron onte
Os adverbios de tempo
Os adverbios de tempo sitúan no espazo un feito ou unha acción. Podemos dividilos segundo o que indiquen: anterioridade, simultaneidade, posterioridade ou totalidade.
Adverbios que indican anterioridade antes de onte/antonte: Xa mercamos froita antonte/antes de onte trasantonte: Trasantonte foi a última vez que vin a Tareixa onte: Onte foi o meu aniversario antes: ¡Apura home! Temos que chegar antes da noite cedo: Hoxe chegaches cedo, ¿Que pasou? outrora/noutrora: Ese castelo, noutrora importante refuxio dos labregos, é actualmente unha casa familiar.
Adverbios que indican simultaneidade
hoxe: Hoxe teño cita no doutor aínda/inda: Quero mercar un coche, pero inda/aínda non teño cartos abondos agora/xa: Se queremos chegar a tempo temos que saír agora/xa daquela: Daquela non existía a televisión entón: Entón non había tantas árbores mentres/namentres/entrementres: Ti ponte a cociñar mentres/namentres/entrementres nós buscamos aos nenos arestora: Arestora as mozas deben haber chegado asemade/ao mesmo tempo: Estades a facer a mesma pregunta asemade/ao mesmo tempo
Adverbios que indican posterioridade
mañá: Lembra que mañá é a festa de Maruxa pasadomañá: Pasadomañá van cumprirse tres anos dende que se foi despois/logo: Ímos visitar a María despois/logo da misa pronto/axiña: ¡Corre que axiña/pronto vai chover! tarde: Se non colles un taxi vas chegar tarde enseguida/deseguida/decontado: Espera que María vai vir en seguida/de seguida/de contado
Adverbios que indican totalidade
sempre: Sempre estás a molestar á túa irmá nunca: Nunca cumpres o que me prometes xamais: Xamais vou volver á escola endexamais: Endexamais vou volver á escola a miúdo/decote/decotío/acotío: Rosa ven pola aldea a miúdo/decote/de cotío/a cotío ás veces, de cando en vez: Iago ten bo humor aínda que ás veces enfádase
Os adverbios de dúbida
A dúbida preséntase con formas adverbiais mínimas como quizais/quizá/quizabes, e as locucións e expresións de dúbida seica, acaso, disque o mesmo, igual, polo visto, paréceme que, coñécese que, vese que, pode ser que. Tamén son frecuentes as locucións poida que(+subxuntivo), ao mellor, talvez, se cadra etc.
Na seguinte táboa amosamos os adverbios de dúbida, cales son as formas verbais que rexen e algúns exemplos con eles.
adverbios forma verbal que rexen exemplosdisque presente indicativo/pretérito perfecto Disque vai vir hoxeseica/polo visto ir + infinitivo/pretérito perfecto Seica vai marchar no trenPolo visto vai saír na televisiónparece que pretérito perfecto Parece que tamén choveu aquíquizais/quizá/quizabes presente de subxuntivo Quizais aínda non o sabíatalvez, acaso imperfecto de subxuntivo/presente de subxuntivo Tal vez colla o aviónAcaso saiba algose cadraao mellor/igual/o mesmo presente de indicativo Se cadra vou en SantiagoAo mellor non saio esta noitepoida que/posiblemente/probablemente presente de subxuntivo Poida que chova esta noite
Os adverbios de lugar
Os adverbios de lugar indican a situación no espazo. Son adverbios mínimos, que constan dunha soa palabra, ou adverbios extensos ou locucións adverbiais, se están formados por adverbio + preposición ou preposición + adverbio.
Adverbios de lugar absolutos
Os adverbios de lugar absolutos sitúan no espazo referíndose ao lugar ocupado polo falante e están relacionados co demostrativo: aquí = neste lugar, "o que é máis próximo".
Proximidade (eu) Proximidade (ti) Distancia este (lugar) ese (lugar) aquel (lugar) aquí aí alí acó - aló acá - alá acolá
Vexamos algúns exemplos:
A vaca está alí Maruxa vive por acolá Aquí non hai ningunha persoa Aí era a miña escola
Adverbios de lugar relativos
Os adverbios de lugar relativos sitúan no espazo con relación á posición dun obxecto dado.
A posición interior ou exterior exprésase coa serie dentro/fóra: Estaba fóra O grao de proximidade ou de afastamento, con cerca, preto/lonxe: Ela vive lonxe A posición circundante: Derredor ou arredor, que indican que o obxecto rodea ao de referencia: ¡Ese neno anda todo o día arredor súa! Indican situación (superior/inferior) no plano vertical: arriba, enriba, derriba/abaixo, embaixo, debaixo, non moi concreta: O gato está arriba da mesa e o can está abaixo Arriba e abaixo pode ir acompañados do adverbio máis: A igrexa está máis arriba, e a lonxa máis abaixo.
Tamén poden indicar dirección ascendente ou descendente: A barca vai río arriba, Xosé corría monte abaixo
Enriba, embaixo indican unha situación superior ou inferior dende o punto de vista do falante: Eu agacheime enriba e a miña irmá embaixo A posición anterior/posterior exprésana os adverbios: adiante, diante/atrás, detrás.
Adiante indica "en dirección á fronte": Aparcou máis adiante; atrás indica "en dirección oposta á fronte": Non quixo volver atrás
Moitos destes adverbios estpan vinculados coas preposicións e, seguidos da preposición de, forman locucións prepositivas que introducen referencia espacial: Dorme fóra da casa. Está enriba da mesa. Vive preto do mar.
Indefinidos
Hai tres adverbios indefinidos:
algures significa "algún sitio": Ese papel debe estar por algures ningures significa "ningún sitio": Non vexo a túa camisa por ningures xalundes significa "calquera outro sitio": Non está aquí, busca xalundes
Interrogativos
Os adverbios interrogativos son onde e u, en correspondencia co relativo ou cos interrogativos: A cidade onde vive, o país onde morreu. U só se utiliza na interrogativa directa, sen verbo e seguido da segunda forma do artigo ou do pronome: ¿U-las vacas?, ¿U-lo cabalo?
Presentativos
Velaquí, velaí utilízanse para presentar ou responder ao adverbio u: Velaí o vai, non o ves?'Velaquí están os nosos animais.
Ademais destes adverbios de lugar, dispomos de locucións adverbiais que expresan as mesmasnocións ou outras máis precisas:
Por riba/por cima, por baixo: Bota un pano por riba da mesa De dentro, de fóra: Deixoulle unha man de fóra para que tocara o pandeiro, a chaqueta tiña un forro por de dentro A carón, ao carón, a rente, a rentes, ao rente, ao rentes, ao pé: Está soterrado a carón da igrexa. Cortou o céspede a rentes do chan. Vive na vila ao pé do monte. Ao redor:'Os coches van ao redor do mercado De fronte: Tíñao de fronte a ela e non o vía Fronte por fronte: A catedral e o Concello están fronte por fronte A desmán: A praia quedaba a desmán A contramán: Irei mañá ao mercado porque agora está a contramán Á beira, ao lado: Está na casa á beira do mar, Ela pasou ao teu lado e non te decataches Ao par, de par: Esa kmoza sempre vai de paseo de par do pai
Os adverbios de modo
Os adverbios de modo son os seguintes:
como: Está tola como unha cabra así: O caldo non se fai así ben: Os mobles están ben feitos mal: Comín moito e fíxome mal mellor: Esta é a mellor película peor: Peor non poderíamos estar asemade (=ao mesmo tempo): Rir e chorar asemade gratis: Na festa había polbo gratis paseniño/engorde (=con lentitude): A campá da Berenguela soaba moi engordiño
As locucións adverbiais
As locucións ás présas, ás carreiras, a escape indican rapidez; e amodo e devagar indican, dun feito, que se fai lentamente e con tino, con coidado.
Xa vai velliño e anda moi amodo Saíu a escape do choio, coma unha chispa Colle os ovos amodo, que vas escachalos Andas ás présas e atrapállaste todo ¿Para que te ergues tan tarde se logo tes que andar ás carreiras? Se fas as cousas devagariño, sairanche mellor
As locucións ás toas, ás cegas, ao tuntún, a rumbo, ao chou significan "de calquera maneira, sen pensalo, tal como saia, sen orde".
De (a) feito significa "de principio a fin, dende o primeiro ao derradeiro, sen saltear, na orde en que vai" . A eito significa "en grande cantidade e de calquera maneira, sen escoller". A treu, a esgallo significa "sen reparar nas dificultades". A modo, ao xeito significa "con coidado", "con moderación", "con precaución", "lentamente".Ao xeito significa tamén "como é debido". De súpeto, de socato, de sotaque, de repente, de golpe indican brusquidade. Ao cabo, á fin, á mantenta, a propósito, de propósito indican "con intención". De balde, en balde indican "gratis", "sen proveito".
Véxase tamén
Ligazóns externas s:Normativa do galego: Adverbios e locucións adverbiais
Categoría:Gramática da lingua galega