Norte de Santander é un dos 32 departamentos de Colombia. Atópase na zona nordeste do país sobre a fronteira con Venezuela. Forma parte da rexión natural andina. Ten 40 concellos agrupados en 6 subrexións, 2 provincias e unha área metropolitana. A súa capital é a cidade de Cúcuta.
Ten unha superficie de 21.648 km² (que en termos de extensión é semellante á do Salvador ou Eslovenia) e unha densidade de 66,8 hab/km. Limita polo norte e polo leste con Venezuela, polo sur cos departamentos de Boyacá e Santander, e polo oeste con Santander e Cesar, Colombia.
Por mor dos seus recursos naturais e a súa localización xeográfica, converteuse nun eixo económico e comercial do país, este departamento foi creado na Gran Colombia.
Demografía
Composición étnica Mestizos e brancos (98,28%) Afrocolombianos (1,25%) Indíxenas (0,60%)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Norte de Santander Categoría:Departamentos de Colombia Categoría:Andes