Aida Valiño Gómez, nada en Castroverde o 23 de xuño de 1987, é unha triatleta galega.
Traxectoria Comezou practicando natación, pasando a competir en tríatlon aos 14 anos. En 2003 ingresou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e ese mesmo ano participou, en categoría xuvenil, no Campionato de Europa de tríatlon na cidade húngara de Győr, onde quedou quinta na proba de remudas formando equipo con Saleta Castro e Lara del Valle, resultado que mellorou ao ano seguinte en Italia, quedando cuarta con del Valle e Lucía Esquerdeiro. O 19 de abril de 2006 presentouse o equipamento coas cores de Galicia co que competirían na Copa de Europa en Estoril e Alexandroupolis (Grecia) os triatletas galegos Aída Valiño, Javier Gómez Noya, Alberto Trillo, Saleta Castro e David Castro. Valiño rematou 15ª na categoría absoluta en Estoril e 10ª en Alexandroupolis. Ese ano venceu a travesía a nado da Ría de Vigo.
No 2007 quedou sexta no Campionato de Europa sub-23 celebrado en Kuopio, Finlandia. Ao ano seguinte logrou dúas medallas de prata no Campionato de Europa de Dúatlon celebrado en Serres, Grecia, unha delas na categoría sub-23 e a outra na proba de remudas xunto a Beatriz Jiménez e Helena Herrero. Ademais disputou en Vancouver o Campionato do mundo de tríatlon 2008 na categoría sub-23, rematando en 12ª posición, e quedou quinta nunha proba da Copa de Europa disputada en Karlovy Vary (República Checa). En 2010 disputou dúas probas das Series Mundiais de tríatlon, incluída a Gran Final de Budapest, así como o Campionato Mundial de Tríatlon de Velocidade en Lausana, onde rematou 30ª. Tamén en Lausana ao día seguinte participou co equipo español no mundial de remudas mixtas, acabando en 13ª posición.
En 2011 quedou subcampeoa de España en tríatlon cros, tras quedar segunda na proba celebrada en Caspe. En 2012 proclamouse subcampioa de España de tríatlon en distancia sprint e ao ano seguinte campioa de España de ácuatlon e campioa galega de tríatlon. En xuño de 2014 conseguiu o título de campioa de España de tríatlon en media distancia nunha proba celebrada na Serra de Guadarrama, na que o vencedor masculino foi a súa parella, o tudense Gustavo Rodríguez. Unha semana despois foi atropelada por unha furgoneta en Oia xunto a outros ciclistas cos que adestraba. Sufriu un pneumotórax e a fractura dun cóbado, do tabique nasal e dunha clavícula.
Tras varios meses de recuperación volveu á competición en abril de 2015 no Tríatlon de Elche, onde logrou a vitoria. Con todo, só uns días despois sufriu un novo atropelo cando adestraba en Salcedo, Pontevedra. Tras o accidente deixou de competir ata 2019, cando participou no Tríatlon de Cambados, quedando segunda. En outubro de 2020 venceu en Caminha o Campionato Ibérico de tríatlon de media distancia.
Vida persoal Fóra do deporte traballa como enfermeira. A súa parella é o tamén triatleta Gustavo Rodríguez, co que ten dúas fillas.
Mellores resultados
Campionatos do mundo LugarPosiciónDataTítulo Lausana - júnior3202.09.2006Campionato do mundo de tríatlon Hamburgo - sub23retirada na bicicleta31.08.2007Campionato do mundo de tríatlon Vancouver - sub231208.06.2008Campionato do mundo de tríatlon Madrid5306.06.2010Series Mundiais de tríatlon Lausana3021.08.2010Campionato do mundo de tríatlon de longa distancia Lausana1322.08.2010Campionato do mundo de tríatlon de remudas mixtas Budapest - sub232011.09.2010Series Mundiais de tríatlon
Copa do Mundo LugarPostoDataMarcaTítulo Madrid4004.06.20062:15'39"Copa do Mundo Lisboa4706.05.20072:14'38"Copa do Mundo Madrid3303.06.20072:15'23"Copa do Mundo Richards Bay2604.05.20082:07'46"Copa do Mundo Holten2910.07.20102:07'58"Copa do Mundo Banyoles2317.06.20122:05'35"Copa do Mundo
Campionatos de Europa LugarPosiciónDataTítulo Győr - xuvenil520.07.2003Campionato de Europa de tríatlon de remudas mixtas Lausana - júnior1503.07.2004Campionato de Europa de tríatlon Marina di Montalto - xuvenil405.07.2004Campionato de Europa de tríatlon de remudas mixtas Alexandroupolis - júnior1123.07.2005Campionato de Europa de tríatlon Alexandroupolis - júnior924.07.2005Campionato de Europa de tríatlon de remudas mixtas Autun - júnior1423.06.2006Campionato de Europa de tríatlon Kuopio - sub23621.07.2007Campionato de Europa de tríatlon Serres - sub23224.05.2008Campionato de Europa de dúatlon Serres225.05.2008Campionato de Europa de dúatlon de remudas mixtas Vila Nova de Gaia - sub23528.08.2010Campionato de Europa de tríatlon
Notas
Véxase tamén Outros artigos Saleta Castro Gustavo Rodríguez
Categoría:Triatletas de Galicia Categoría:Nados en Castroverde Categoría:Nados en 1987