Rayco Rodríguez Medina, nado nas Palmas de Gran Canaria o 24 de novembro de 1996, é un futbolista español que xoga de extremo no Persita Tangerang, da Super Liga de Indonesia.

Traxectoria

Inicios (1996-2015) Comezou a xogar ao fútbol na UD Almenara, pasando logo ás categorías inferiores da UD Las Palmas. Tras cinco anos na canteira amarela pasou ao Acodetti CF, onde permaneceu outras cinco tempadas.

Betis B (2015-2016) En agosto de 2015 foi fichado polo Real Betis para o seu filial da Segunda División B. Debutou na 2ª B o 22 de agosto de 2015 fronte ao Mérida AD na Cidade Deportiva Luis del Sol. O seu primeiro gol chegou o 4 de outubro, nunha derrota por 2-4 contra o Real Xaén tamén na casa. Disputou un total de 23 partidos e anotou dous goles pero o equipo acabou descendendo.

Pobla de Mafumet (2016-2018) O 8 de xullo de 2016 foi transferido ao CF Pobla de Mafumet, filial do Nàstic, que militaba en Terceira División. Xogou dúas tempadas no club catalán e ademais o 1 de decembro de 2016 debutou co primeiro equipo do Nàstic na Copa do Rei, entrando como substituto de Elvir Maloku na derrota por 0-3 contra o Deportivo Alavés.

CD Lugo (2018-2020) O 11 de xullo de 2018 asinou un contrato de dous anos co CD Lugo, para xogar no seu filial, o Polvorín. Na súa segunda tempada en Lugo anotou 17 goles en 27 partidos, converténdose no segundo máximo anotador do Grupo I da Terceira División, só por detrás do lalinense Iker Hurtado, do CSD Arzúa.

Fabril (2020-2021) O 31 de agosto de 2020 uniuse ao filial do Deportivo da Coruña, o Fabril, tamén en Terceira. Disputou 11 partidos co filial branquiazul, marcando catro goles e repartindo tres asistencias.

Deportivo da Coruña (2021) O 1 de febreiro de 2021, último día do mercado invernal, o Deportivo da Coruña anunciou a tramitación das fichas de Rayco e Diego Villares co primeiro equipo, como reforzos invernais no peor momento deportivo da historia do club, na Segunda División B e fóra dos postos de ascenso. Debutou co Deportivo o 7 de febreiro no Campo do Vao fronte ao Coruxo, con derrota por 2-0. Disputou un total de 11 encontros ata o final da tempada, 5 deles como titular.

Unionistas de Salamanca (2021-2022)

O 1 de xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Unionistas de Salamanca, despois de que rematase o seu contrato co Deportivo. Co equipo salmantino disputou un total de 38 partidos, anotando 7 goles, contribuíndo ao sétimo posto en liga.

Amorebieta (2022-2024) Para a campaña 2022/23 asinou co Amorebieta, da mesma categoría. Xogou 38 partidos na súa primeira campaña en Biscaia, proclamándose campión absoluto da Primeira Federación e logrando o ascenso directo á Segunda División. Debutou na categoría de prata na primeira xornada da 2023/24, saíndo de titular ante o Levante, e marcou o seu primeiro gol en Segunda na seguinte xornada, contra o Albacete no Carlos Belmonte. Disputou 13 partidos co equipo vasco en Segunda e dous máis na Copa do Rei, sen poder evitar o descenso á Primeira Federación.

Alcorcón (2024-2025) Tralo descenso do Amorebieta e coa fin do seu contrato, deixou o País Vasco e fichou polo Alcorcón, da Primeira Federación. No club adestrado por Pablo Álvarez disputou un total de 36 partidos, 21 deles como titular, e marcou 4 goles.

Persita Tangerang (2025-) En xullo de 2025 deixou España e puxo rumbo a Indonesia, onde fichou polo Persita Tangerang, conxunto adestrado polo salmantino Carlos Peña.

Palmarés Amorebieta Primeira Federación (1): 2022/23.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol . Datos do xogador en LaPreferente.com . Datos do xogador en Soccerway .

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié B Categoría:Xogadores do CF Pobla de Mafumet Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do CD Lugo B Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Unionistas de Salamanca Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Persita Tangerang