Pasífae foi a muller de Minos e a nai de Minotauro. Foi filla de Helios e de Perseis Outras fontes fana filla de Helios e a ninfa Creta (filla de Asterión) que, para Robert Graves, era outro nome co que se coñecía a Perseis (Graves, 322)., e irmá de Circe (a bruxa da Odisea) e de Eetes (o rei da Cólquide). miniatura|Pasífae introdúcese na vaca que lle fixera Dédalo, para ser cuberta polo touro de Creta e procrear a Minotauro (Giulio Romano, Palacio Te, Mantua, 1526-1528) Con Minos tivo oito fillos: Catreo, Deucalión Non confundir con Deucalión, fillo de Prometeo. Este Deucalión fillo de Minos foi un dos Argonautas., Glauco Que morreu sendo neno pero foi resucitado por Poliído., Androxeo (ou Eurixies), Acacálide (ou Ácale), Xenódice, Ariadna Que axudará a Teseo a acabar co Minotauro. e Fedra. Pseudo-Apolodoro, citando a Asclepíades, di que Minos casou con Creta (filla de Asterión) e con ela tivo a Catreo, Deucalión, Glauco e Androxeo.
O Touro de Creta e Minotauro O episodio máis característico da vida de Pasífae foi a súa unión co Touro de Creta, "a lenda máis coñecida da cultura minoica" Elvira Barba, 409..
Cando morreu Asterión, rei de Creta, Minos quixo todo o poder para si e expulsou ós seus irmáns, Radamantis e Sarpedón Os tres eran realmente fillos de Zeus e Europa, pero Minos acolleu a Europa e criou os seus fillos como se foran propios, nomeándonos herdeiros do reino de Creta., aducindo que foran os deuses os que lle concedían o reino. Para demostralo, pediu a Poseidón que fixera saír do mar un touro, e prometeu que o sacrificaría no seu honor. Poseidón enviou un touro espléndido, tan fermoso que Minos decidiu conservalo como semental nos seus rabaños e sacrificar outro no seu lugar. Pero Poseidón, ó verse enganado, vingouse, e fixo que o touro enfurecese e que na muller de Minos, Pasífae, se espertara un amor apaixonado polo animal. Este foi o Touro de Creta que, posteriormente, tivo que matar Heracles nun dos seus doce traballos.
Para satisfacer os seus desexos, Pasífae pediulle a Dédalo que buscara unha solución Dédalo vivía refuxiado neste momento na corte de Minos, por cousa dun asasinato cometido na súa cidade.. Dédalo construíu unha vaca oca de madeira e cubriuna cunha pel de vaca real, para que Pasífae puidese introducirse dentro e que o touro puidese montar nela. E o resultado desa unión foi o Minotauro A tradición evemerista non admite esta unión carnal de Pasífae e un touro, senón cun soldado de Minos chamado Tauro (Grimal, s.v. Tauro; Graves, px. 326)..
Unha variante do mito di que foi Afrodita a que enlouqueceu a Pasífae como castigo por non renderlle o culto debido "Pasífae non fixera sacrificios en honor da deusa Venus durante uns cantos anos" (Hixino, 40.1)., ou ben como vinganza contra Helios porque lle fora a Hefesto (o marido de Afrodita) co conto dos amores que mantiña a deusa con Ares.
Minos, avergoñado de que a muller parira semellante monstro, terminou mandando a Dédalo construír un labirinto xigante para encerralo dentro e contelo de xeito seguro para todos. Outras fontes din que, anoxado con Dédalo, encerrouno a el pero que Pasífae puido liberalo.
Pasífae e Circe Pasífae tamén controlaba as artes da feiticería, como a súa irmá Circe e a súa sobriña Medea (filla de Eetes).
A lenda conta que eran tantas as amantes de Minos que Pasífae o maldixo de tal forma que quen se deitara con el morría devorada por escorpións, serpes e milpés que botaba cando exaculaba. Procris, unha das súas amantes, rompeu o feitizo utilizando unha herba que lle dera Circe, a cambio dun can ó que nunca se lle escapaba unha presa e unha xavelina que nunca erraba no albo, dúas pezas que tiña Minos.
Iconografía A figura de Dédalo entregando a falsa vaca a Pasífae aparece nas pinturas de Pompeia. Tamén se representa no Renacemento (por exemplo, por Filarete ou Rubens). No Palazzo Te, Giulio Romano representa a Pasífae no momento de introducirse nesa falsa vaca, axudada por Dédalo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017, 410. GRAVES, Robert: Los mitos griegos, Ed. Gredos, 1ª ed. 2019, 322, 328. GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HIXINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009, 40. OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto]. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
Ligazóns externas Imaxes de Pasífae e Dédalo [consultado o 29.12.2023]
Categoría:Mulleres na mitoloxía grega Categoría:Deusas lunares