A Escola de Navegación Tradicional "Dorna" da Illa de Arousa (ENT) é unha asociación adscrita á Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), filial da ACD Dorna da illa de Arousa. Foi inaugurada oficialmente o 15 de xuño de 2001.
Historia Esta escola realiza cursos de navegación en dorna a vela na praia do Bao, cun local que se encontra xusto ó pasa-la ponte da Illa de Arousa. O seu obxectivo é que a cultura da navegación tradicional galega non se extinga, e que quede como unha experiencia de lecer. Os cursos desenvólvense no verán, dende finais de maio ata mediados de setembro, e constan de clases teóricas de tecnoloxía da vela, partes da embarcación e o seu aparellamento, e máis clases prácticas a bordo de dornas a vela.
Entre as súas actividades tamén se inclúe a navegación noutras embarcacións tradicionais como a lancha xeiteira ou a buceta.
Inician a tempada cada ano o 17 de maio coa Travesía das Letras Galegas, vinculando a honra do escritor homenaxeado coa cultura tradicional do mar. Nese día bótanse as novas dornas. http://www.redesescarlata.org/index.php?art=1 A Escola dispón de tres embarcacións de nova construción: unha buceta ("Laranha"), unha dorna de tope ("Peça de Rabo"), e unha dorna polbeira. Tamén ten oito dornas polbeiras restauradas, así como unha lancha de relinga ("Nova Marina", cedida pola Xunta de Galicia) e 22 dornas polbeiras cedidas por particulares. miniatura|310x310px|Embarcacións tradicionais na Arousa. Desde 2014 conta cun total de máis de 50 embarcacións, que son restauradas grazas á fórmula do "apadriñamento de barcos".
En 2017 inaugurouse o edificio de usos mariños, novo local da ENT que comparte co club de piragüismo.
Notas
Véxase tamén
Asociación Cultural e Deportiva Dorna Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial Asociación Cultural e Deportiva de Promoción de Actividades Xuvenís "Fasquía" da Illa de Arousa)
Categoría:Navegación Categoría:A Illa de Arousa