O Museo de Arte Sara Hildén (en finés Sara Hildénin taidemuseo) é un museo de arte situado no distrito de Särkänniemi, na cidade de Tampere (Finlandia). O museo débelle o seu nome a Sara Hildén, unha empresaria da industria téxtil e amante da arte que adquiriu unha extensa colección de arte finlandesa e estranxeira ao longo da súa vida. Na actualidade o museo está xestionado pola cidade de Tampere e acolle a colección de arte contemporánea propiedade da Fundación Sara Hildén, unha colección centrada na arte dos anos 1960 e 1970.

O museo está aberto todo o ano e é accesible para persoas discapacitadas. Conta tamén cun parque de esculturas exterior.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web do museo

Rulla