Explorer 48, tamén coñecido como SAS 2 (acrónimo de Small Astronomy Satellite 1), foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 15 de novembro de 1972 mediante un foguete Scout D1 desde a plataforma de lanzamento San Marco.

Características Explorer 48 foi o segundo, tras Uhuru, da serie de observatorios espaciais SAS para o estudo do ceo en lonxitudes de onda enerxéticas. A misión principal do observatorio foi rexistrar a fontes celestes en raios gamma no rango entre 20 e 300 MeV. Como instrumentos levaba un detecetor de centeleo, unha cámara de chispas e un telescopio de partículas cargadas.

O observatorio tiña forma de cilindro duns 59 cm de diámetro e 135 cm de longo. Do cilindro saían catro paneis solares que alimentaban unha batería de níquel-cadmio de 6 A-h de capacidade. Explorer 48 estabilizábase mediante un volante de inercia interno e un sistema de control por torque magnético co que poder apuntar o eixo da nave a calquera punto do ceo. O observatorio reentrou na atmosfera terrestre o 16 de abril de 1979.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Scout D1 Uhuru (satélite) Explorer 53

Categoría:Programa Explorer