Elizabeth Ann Errington, nada en 1947 en Potchefstroom, Suráfrica, é unha arqueóloga e numismática británica vinculada ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, especializada en Gandhara, nas coleccións de Charles Masson e na moeda asiática."Elizabeth Errington". The British Museum."Elizabeth Errington ". European Graduates."Elizabeth Errington". Likedin.com

Traxectoria Errington pasou a súa infancia e cursou a educación secundaria en Potchefstroom, en Suráfrica, e en 1967 acadou a súa graduación na Escola de Arte de Xohanesburgo. Posteriormente traballou como deseñadora gráfica, tanto en Suráfrica como en Londres.

En 1977 ingresou na Escola de Estudos Orientais e Africanos (SOAS) da Universidade de Londres, e en 1980 recibiu a súa graduación en Historia e Arqueoloxía de Oriente Próximo e Medio. Entre ese ano e 1987 traballou no seu doutoramento sobre a arqueoloxía do século XIX en Gandhara e Afganistán, que acadou cunha tese titulada The Western Discovery of the Art of Gandhara and the Finds of Jamalgarhi.Errington, E. (1987). The Western discovery of the art of Gandhāra and the finds of Jamālgarhī. Ph. D. University of London

Errington traballou para o Instituto Británico de Estudos Persas en 1988, preparando para a súa publicación o catálogo das escavacións de Ghubayra, en Irán."ḠOBAYRĀ". En Encyclopaedia Iranica.

Logo do seu doutoramento na Escola de Estudos Orientais e Africanos, Errington traballou en 1992 na exposición Crossroads of Asia e na redacción do seu catálogo, do Museo Fitzwilliam, da Universidade de Cambridge.Véxase (1992) en "Publicacións: Monografías".

En 1993 pasou a formar parte do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, no equipo de moeda asiática, xunto con Joe Cribb, Helen Wang, Vesta Sarkhosh Curtis e Robert Bracey, onde destacou a súa contribución no estudo da numismática da Ruta da Seda. Ata o seu retiro voluntario en 2014, Errington dirixiu o proxecto do Museo Británico Charles Masson Project, que xa xerou a publicación de dous volumes."Masson Project". The British Museum.Véxase (2017) en "Publicacións".

Ademais, Errington é asesora da Universidade de Oxford no proxecto Gandhara Connections."Gandhara Connections ". University of Oxford.

Recoñecementos (1993): Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society, de Londres (xunto con Joe Cribb)."The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.

Publicacións

Monografías (1992). The Crossroads of Asia: transformation in image and symbol in the art of ancient Afghanistan and Pakistan (con Joe Cribb). Ancient India and Iran Trust, Cambridge. ISBN 978-0951839911 (1997). Money: a history (con Joe Cribb). St. Martin's Press, Nova York. ISBN 9780312166021 (1997). Gandharan art in context: East-west exchanges at the crossroads of Asia (con R alchin et al). Ancient India and Iran Trust, Cambridge. ISBN 978-8186030486 (2000). Excavations at Ghubayra, Iran, 1971-1976 (con A. D. H. Bivar et al.). School of Oriental and African Studies, Londres. ISBN 978-0728603073 (2005). Art et archéologie des monastères gréco-boudhiques du Nord-Ouest de l'Inde et de l'Asie centrale (con A. D. H. Bivar). Ed. de Boccard. ISBN 978-2701801872 (2007). From Persepolis to the Punjab. Exploring the Past in Iran, Afghanistan and Pakistan (con V. S. Curtis). British Museum. ISBN 9780714111773 (2008). Coins from Kashmir Smast: new numismatic evidence (con M. Nasim Khan et al). University of Peshawar. ISBN 9789699270017 (2012). Gandharan Buddhist reliquaries (con D. Jongeward et al.). Early Buddhist Manuscripts Project, Seattle. ISBN 9780295992365 (2017). Charles Masson and the Buddhist Sites of Afghanistan: Explorations, Excavations, Collections 1832-1835. British Museum. ISBN 9780861592159 (2017). The Charles Masson Archive: British Library, British Museum and Other Documents Relating to the 1832-1838 Masson Collection from Afghanistan. British Museum. ISBN 9780861592166

Artigos e colaboracións Esta é unha escolma dalgúns dos artigos máis representativos da carreira de Elizabeth Errington:"Errington, Elizabeth ". WorldCat Identities."Elizabeth Errington". Academia.edu

(1987). "Tahkal: the nineteenth-century record of two lost Gandhara sites". En Bulletin of the School of Oriental and African Studies. Vol. L. Part 2. Páxinas 301-24. (1990). "Towards clearer attributions of site provenance for some 19th-century collections of Gandhara sculpture ". En South Asian Archaeology 1987. Ed. Taddei, Roma. Páxinas 765-781. (1996). "A 19th-century collector of the North-West Frontier of Pakistan". En British Museum Magazine. 26. Páxinas 14-16. (1997). "The British East India Company Collection". En P. Callieri. Seals and Sealings from the North-West of the Indian Subcontinent and Afghanistan (4th century BC - 11th century AD). Istituto Universitario Orientale, Nápoles. Páxinas 20-27. (1997). "The 1878 Florence exhibition of Gandharan sculpture in the Leitner Collection". En Taddei, M. Angelo De Gubernatis. Europa e Oriente nell'Italia umbertina. Istituto Universario Orientale, Nápoles. Páxinas 139-214. (1998). "Gandhara stupa deposits". En Arts of Asia. 28/2. Páxinas 80-87. (1999). "Numismatic evidence for dating the Buddhist remains of Gandhara". En Errington, E.; Bopearachchi, O. Silk Road Art and Archaeology 6. Journal of the Institute of Silk Road Studies, Kamakura. Páxinas 191-216. (2002). "Numismatic evidence for dating the “Kanishka” reliquary". En Silk Road Art and Archaeology, 8. . Journal of the Institute of Silk Road Studies, Kamakura. Páxinas 121-120. (2003). "A Survey of Late Hoards of Indian Punch-marked Coins". En Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. Páxinas 60-121. (2003). "Charles Masson and Begram". En Topoi. 11/1. 2001 . Páxinas 357-409. (2004). "Charles Masson". En Encyclopaedia Iranica. www.iranicaonline.org (2006). ‘“Boots, female idols and disembodied heads". En Journal of Inner Asian Art and Archaeology. Vol. I. Páxinas 89-96. (2010). "Differences in the Patterns of Kidarite and Alkhon Coin Distribution at Begram". En Alram, Michel et al. Coins, art, and chronology II: the first millennium C.E. in the Indo-Iranian borderlands. Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico

Ligazóns externas Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico

Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados na provincia do Noroeste, Suráfrica Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Arqueólogos do Reino Unido Categoría:Galardoados co premio Lhotka Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Personalidades sen imaxes