Lorena Fernández Álvarez, nada en Basauri en 1982, é unha enxeñeira informática, directora de identidade dixital da Universidade de Deusto e divulgadora sobre STEAM (Science, Technology, Engineering, Art e Mathematics) con perspectiva de xénero.
Traxectoria Lorena Fernández coñecida en Internet como @loretahur, graduouse en 2005 en Enxeñaría Informática e en 2006 realizou un mestrado en Seguridade da Información na Universidade de Deusto. Desde 2007 escribe a sección de Internet da Revista Deusto. De 2009 a 2011 foi responsable tecnolóxica da biblioteca (Centro de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación - CRAI) da Universidade de Deusto. De 2009 a 2012 responsable do desenvolvemento do portal vasco da Cultura: Kulturklik. De 2013 a 2015 foi coordinadora de cursos INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación de Profesorado do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte).
Desde xaneiro de 2012 é a Directora de Identidade Dixital da Universidade de Deusto. Desde 2013 é titora do curso Educación conectada en tempo de redes no INTEF. Desde 2009 é colaboradora na sección "De las ondas a la red" no programa de radio "Hoy por Hoy Bilbao", da Cadea SER.
Forma parte do comité científico e organizativo do Premio Ada Byron á muller tecnóloga. Participa na plataforma Deusto Interdisciplinary Research Platform on Gender, Desde 2016 forma parte do Consello das Artes e a Cultura da Deputación Foral de Guipúscoa. É parte do equipo organizador e mentora de Inspira STEAM, un proxecto que busca o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas.
Participou en numerosos foros de divulgación científica para reflexionar sobre o papel das mulleres na Ciencia e para propor accións que reduzan esta fenda de xénero. En 2018 foi unha das seis invitadas ao evento "Women in Science" no Parlamento Europeo.
Recentemente formou parte do grupo de persoas expertas que elaborou o informe “Gendered Innovations 2: How inclusive analysis contributes to research and innovation”, baixo a tutela de Londa Schiebinger. A súa contribución “Facial recognition: analysing gender and intersectionality in machine learning” amosa como os sistemas de recoñecemento facial teñen máis problemas para identificar a mulleres de pel escura, e outros exemplos.
Traxectoria activista e de voluntariado Desde as súas orixes en 2012, é unha das compoñentes do colectivo feminista Doce Miradas.
En 2015 estivo de voluntaria con Alboan na India, no proxecto India Bizira. En 2016 colaborou coa ONG FISC da Compañía de María nun proxecto de voluntariado na illa de Mindanao, no sur de Filipinas para recoller testemuños e valorar as consecuencias do tifón Sendong acontecido en decembro de 2011. Ao seu regreso, a editorial A Fortiorti publicou o libro “Filipinas. Tierra de tifones” con 60 fotografías súas ás que acompaña un relato elaborado por distintas persoas.
Premios e recoñecementos
2018 Unha das 20 mulleres WOMENBI, exposición de fotografías e audiovisuais de mulleres profesionais de diversos ámbitos. 2018 Premio LIBRECON Awards á inclusión da muller no ámbito dixital. 2018 Premio Buber Honorífico. 2024 Premio de Alfabetización nos Medios e Informativa de Cadena SER en Euskadi.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Lorena Fernández: ‘En mi opinión, los modelos son clave’ entrevista realizada por Marta Macho Stadler, 20 de xaneiro de 2016. La increíble mujer invisible, por Lorena Fernández en TEDxVitoriaGasteizWomen, 12 de decembro de 2018. “¿Sueñan los androides con ovejas machistas?. ” – Lorena Fernández, vídeo, 2018 Blog persoal Aprendices
Categoría:Nados en Basauri Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Nados en 1982 Categoría:Enxeñeiros informáticos