Satélite de Coleta de Dados ou SCD foi unha serie de satélites artificiais do Brasil.
Características Os satélites SCD foron satélites para probar tecnoloxías de comunicación e para recoller datos científicos e meteorolóxicos.
SCD 1 SCD 1 ía equipado para recoller e transmitir datos de estacións meteorolóxicas e medioambientas en terra ou en boias oceánicas. Foi construído polo INPE e tiña forma de prisma octogonal cunha masa de 115 kg. Foi lanzado o 9 de febreiro de 1993 mediante un foguete Pegasus desde Cabo Cañaveral.
SCD 2 e 2A SCD 2 era similar a SCD 1, cunha masa de 115 kg, forma de prisma octogonal e construído tamén polo INPE. A súa misión foi semellante pero cunha maior eficiencia na recollida de datos grazas ao deseño máis avanzado de SCD 2. O satélite estabilizábase mediante xiro a entre 32 e 36 r.p.m. Foi lanzado o 23 de outubro de 1998 mediante un foguete Pegasus H para substituír a SCD 2A, lanzado o 2 de novembro de 1997 a bordo do primeiro foguete VLS 1, que non chegou a acadar órbita.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasSCD 19 de febreiro de 1993PegasusÉxitoSCD 2A2 de novembro de 1997VLS 1ÉxitoSCD 223 de outubro de 1998Pegasus HÉxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pegasus (foguete)
Categoría:Satélites artificiais