A igrexa de Messukylä (en finés Messukylän kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no distrito de Messukylä, ao leste do centro da cidade. Foi construída en 1879, substituíndo á igrexa vella de pedra que se encontraba moi deteriorada.
A igrexa, obra de Theodor Höijer, está construída en estilo Neogótico e na súa construción empregouse ladrillo vermello. O edificio é unha igrexa longa en forma de cruz finalizada cunha torre Nove anos despois da súa finalización a igrexa adquiriu o retablo pintado por Alexandra Frosterus-Såltin, e en 1889 o órgano.
O templo foi obxecto de numerosas reparacións, tan só dez anos despois da súa finalización a torre derrubouse e na súa reparación rebaixouse a súa altura. Do mesmo xeito que aconteceu coa igrexa vella, o edificio foi danado durante a batalla de Tampere, no curso da guerra civil finlandesa. A última renovación realizouse con motivo do centenario da igrexa, foi entón cando o teito adquiriu a súa cor azul
O cemiterio da igrexa foi inaugurado en 1891 e nel está enterrado o escritor finlandés Kalle Päätalo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web da Tampere Seurakunta Imaxes panorámicas da igrexa
Messukylä