Sophie Calle, nada en París, o 9 de outubro de 1953, é unha artista conceptual francesa, ademais de escritora, fotógrafa e directora de cine. O principal obxecto da súa obra é a intimidade e de modo particular a súa propia, para iso utiliza gran diversidade de medios de rexistro como libros, fotografías, vídeos, películas ou performances.

Traxectoria É filla do prestixioso oncólogo Robert Calle. A través da amizade do seu pai con artistas como Martial Raysse, Arman, e Christian Boltanski, recibe inspiración e influencia para decidirse ela mesma por unha carreira artística.

Despois de viaxar por boa parte do mundo regresou a París en 1979. É profesora na European Graduate School (EGS) desde 2005.

Obra A finais dos anos 70 presenta a súa primeira serie de fotografías. Ela mesma describiu o proxecto Les dormeurs (Os dormentes) da seguinte forma:

De 1980 é o seu proxecto Suite Vénitienne (Suite veneciana), onde a partir dunha festa celebrada en Venecia, dedícase a perseguir sutilmente a un invitado, co fin de tomar parte da súa intimidade. Dese mesmo ano tamén é o seu proxecto Detective, onde lle encarga á súa nai que contrate a un detective para que a siga e realice un pormenorizado detalle da súa vida diaria incluíndo un soporte gráfico. Desta forma posúe a información recibida do detective e a información que ela recollera no seu diario persoal, e compáraas. A artista afirma:

En 1986 realiza a serie Les aveugles (Os cegos). Nela recolle os testemuños de varias persoas cegas de nacemento conforme ao que elas cren que é a beleza. Cada unha das pezas (un total de 23) está integrada por unha foto-retrato da persoa, xunto a outro cadro co seu testemuño escrito, e debaixo de todo iso unha fotografía daquilo que a persoa nomeou como a súa impresión subxectiva da beleza. Ela describiuno así:

Está obsesionada pola mirada, tanto a dos outros como a súa. "Que miran os outros cando me miran mirar", ademais dunha necesidade de saber do outro, como o demostra en Suite Vénitienne.

O escritor estadounidense Paul Auster na súa novela Leviatán inspira a personaxe de María Turner en Sophie Calle.

Outras obras L' Hôtel (1981) Les Tombes (1990) Récits autobiographiques (1991) Dislocations (1991, MOMA Nova York) The last seen... (1992) Double Blind (1992) (película) Prenez soin de vous (2007)

Premios 2010: Premio Internacional da Fundación Hasselblad

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Exposición "Sophie Calle". Sala Amárica-Amarica Aretoa. Vitoria-Gasteiz. 1994 (dela está sacada a información relativa ás obras e as citas da autora)

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1953 Categoría:Artistas de Francia Categoría:Fotógrafos de Francia