El Loa é unha provincia de Chile situada no oriente da rexión de Antofagasta.
A súa capital é a cidade de Calama, e a súa gobernadora é María Bernarda Jopia Contreras, do partido Renovación Nacional.
Xeografía Situada a unha altitude de 3 925 msnm a provincia ocupa unha superficie de 41 999 km².
No ano 2017 contaba cunha poboación de 177 048 habitantes,Estimaciones y Proyecciones de la Población de Chile 1992-2050 Censo de 2017. polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 3,7 hab./km²
El Loa caracterízase polo seu clima desértico e pola súa paisaxe; a localidade de San Pedro de Atacama é un grande atractivo turístico.
Na provincia extráese cobre, un dos recursos minerais máis importantes do país.
División administrativa A provincia está conformada por 3 comunas: +CódigoComunaCapitalSuperficie (km²)Poboación (2017)Porcentaxe02201CalamaCalama15 597165 73193,66 %02202OllagüeOllagüe2 9643210,13 %02203San Pedro de AtacamaSan Pedro de Atacama23 43910 9966,21 % Total41 999177 048100 %
Economía En 2018 o número de empresas rexistradas na provincia de El Loa foi de 3 094. O Índice de Complexidad Económica (ECI) no mesmo ano foi de -0,15, mentres que as actividades económicas con maior índice de Vantaxe Comparativa Revelada (RCA) foron Actividades de Parques de Atraccións e Centros Similares (67,11), Reprodución de Gravacións (53,78) e Outros Tipos de Transporte Regular de Pasaxeiros por Vía Terrestre (36,86).
Gobernadores da provincia miniatura|305px|Logotipo oficial.
Os gobernadores provinciais de El Loa foron os seguintes:
Gobernador Partido Período César Castillo Lilayu DC 11 de marzo de 1990 - 11 de marzo de 1994 José Luis Ayala Manríquez PS 11 de marzo de 1994 - 11 de marzo de 2000 Francisco Segovia Rojas DC 11 de marzo de 2000 - 10 de xuño de 2004 Guillermo Espíndola Correa DC 2004 - 11 de marzo de 2006 Sandra Pastenes Muñoz PS 11 de marzo de 2006 - 22 de xaneiro de 2009 Rubén Rojo Maturana PS 23 de xaneiro de 2009 - 18 de abril de 2009 Nicanor de la Cruz Araya PS 27 de abril de 2009 - 11 de marzo de 2010 Luis Garrido Ampuero UDI 16 de marzo de 2010 - 1 de xaneiro de 2021 Lorenza Muñoz Cifuentes UDI 2 de xaneiro de 2013 - 11 de marzo de 2014 Claudio Andrés Lagos Gutiérrez PRSD 11 de marzo de 2014 - 1 de xuño de 2017 Eduardo Ochoa PRSD 20 de xuño de 2017 - 18 de marzo de 2018 María Bernarda Jopia Contreras RN 18 de marzo de 2018 - No cargo
Notas
Categoría:Provincias de Chile