Hyacinthe Louis Rabino di Borgomale, nado o 27 de xullo de 1877 en Lión e finado o 26 de setembro de 1950 en París, foi un diplomático franco-británico, cónsul xeral de Inglaterra en Esmirna, no Cairo e noutros territorios, coñecido tamén polo seu labor de arqueólogo, numismático, historiador de Persia, heraldista e xenealoxista.

Traxectoria

Familia Hyacinthe Louis era o fillo de F. Joseph Rabino di Borgomale, director xeral do Banco Imperial de Persia, procedente dunha familia orixinaria do Piemonte.Minorsky, V. (1952). Páxina 180."Rabino, H. Louis". En Who was Who. Vol. 4. 1941-1950. A & C. Black, Londres. 1967. Páxina 948.

Casou con Paule Pagès des Huttes (ca 1880-1947), filla do coronel francés R. J. Pagès des Huttes.

A figura de H. L. Rabino H. L. Rabino recibiu a súa educación de xeito privado e o seu pai inculcoulle desde neno o interese polos estudos persas e de camiño colleu mestría na arte da caligrafía persa, e tamén chegou a describir a colección de moedas propiedade do banco que o seu pai dirixía.

Entre 1903 e 1905 traballou na sucursal do Banco Imperial Persa e como cónsul interino en Kermanshah e combinou esta actividade con actividades consulares no Kurdistán persa. Nesa época estudou a organización administrativa da zona e a realidade social e administrativa das tribos seminómades, e publicou diversos informes sobre estes aspectos.Minorsky, V. (1952). Páxinas 180-181.

En 1906 ingresou no servizo consular británico e foi destinado a Rasht como vicecónsul (1906-1912), onde no seu tempo libre estudou a xeografía, a historia, as moedas, as inscricións e outros aspectos da cultura das provincias do Caspio. Os constantes desprazamentos deste labor inducírono a publicar diversos libros, artigos e informes coas súas impresións das viaxes e acerca da cultura e da sociedade da costa sur do Caspio. Entre 1912 e 1916 estivo destinado como vicecónsul en Mogador (Marrocos), e de 1915 a 1922 como cónsul de Casablanca. Posteriormente foi cónsul no Cairo (1922-1924), cónsul xeral en Esmirna (1924-1928), en Salónica (1928-1929)Mackie, C. A Directory of British Diplomats. Foreign & Commonwealth Office. Páxinas 406, 709., no Cairo (1929-1937) e no Norte de África (1943-1945). Como colofón á súa carreira diplomática, entre 1945 e 1947 foi conselleiro na embaixada británica en París, a cargo do departamento de reclamacións de guerra.Minorsky, V. (1952). Páxina 181.

Recoñecementos (1937). Orde de San Miguel e San Xurxo. (1951): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Publicacións Esta é unha escolma das monografías máis salientables publicadas por H. L. Rabino:"Rabino, Hyacinth Louis 1877-1950". WorldCat Identities.

Numismática e sixilografía (1908-1911). Coins of the Shahs of Persia. Vol. I (1908); vol. II (1911). Londres. (1914). Coins of the shahs of Persia. Quelques pièces curieuses persanes. E. Leroux, París.

(1945). Coins, medals, and seals of the shâhs of Îrân, 1500-1941. S. Austin, Hertford. (1951?). La Sigillographie iranienne moderne.

Historia (1910). L'industrie séricicole en Perse (con F. Lafont). Coulet et fils, Montpellier. (1914). Les anciens sports au Guilan. E. Leroux, París. (1916). Les tribus du Louristan. Médailles des Qādjārs. E. Leroux, París. (1917). Les provinces caspiennes de la Perse. Le Guîlân. Illustrations. E. Leroux, París. (1928). Mázandarán and Astarábád. Luzac, Londres. (1935). Le monastère de Sainte-Catherine (Mont Sinaï): souvenirs épigraphiques des anciens pélerins. Société royale de géographie d'Égypte, O Cairo. (1936). Les dynasties du Māzandarān dans l'an 50 avant l'hégire à l'an 1006 de l'hégire (572 à 1597-1598). Geuthner, París. (1938). Le monastère de Sainte-Catherine du Mont Sinaï. D. Spada, O Cairo. (1949). Les Dynasties locales du Gilân et du Daylam. París (1950?). Deux Descriptions du Gîlân du temps des Mongols.

Xenealoxía e heráldica (1935). Généalogie de la famille Pagèse : originaire de la Haute-Auvergne. Saint-Joseph, O Cairo. (1936). Généalogie de la famille Pagès de Valuéjols (Cantal) et de Riom. Saint-Joseph, O Cairo. (1936). Généalogie de la famille Pagès au Puy. Saint-Joseph, O Cairo. (1937). Généalogie de la famille de Pagès de Beaufort en Languedoc. D. Spada, O Cairo. (1937). Généalogie de la famille Micault de Saint-Léger en Nivernais. D. Spada, O Cairo. (1937). Généalogie de la famille Vitier en Bourgogne. D. Spada, O Cairo. (1937). Généalogie de la famille Belliard en Bas-Poitou. D. Spada, O Cairo. (1937). Généalogie des familles Ducasse, en Béarn, et du Casse, en Guyenne. D. Spada, O Cairo. (1937). Les Stephanopoli de Comnène, en Morée et en Corse. D. Spada, O Cairo. (1937). Généalogie de la famille Néaudot de Bétrix, en Nivernais. D. Spada, O Cairo. (1939). Essai d'armorial des familles de Monaco et de Menton. París. (1941). Armorial des évêques de Vence. l'Eclaireur de Nice, Niza. (1947). L'histoire du Mâzandárân. P. Geuthner, París.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Minorsky, V. (1952). "Obituary: H. L. Rabino di Borgomale". En Journal of the Royal Asiatic Society. Vol. 84. Nº 3-4 (xullo). Páxinas 180-181. "Rabino, H. Louis". En Who was Who. Vol. 4. 1941-1950. A & C. Black, Londres. 1967. Páxina 948.

Categoría:Nados en 1877 Categoría:Nados en Lión Categoría:Finados en 1950 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Arqueólogos do Reino Unido Categoría:Diplomáticos de Francia Categoría:Diplomáticos do Reino Unido Categoría:Heraldistas Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Xenealoxistas