Hans-Georg "Katsche" Schwarzenbeck, nado o 3 de abril de 1948 en Múnic, é un ex-futbolista alemán. Xogou na Bundesliga dende 1966 ata 1979 disputando un total de 416 encontros coma zagueiro do Bayern Múnic. Gañou seis campionatos xermanos, tres Copas de Alemaña, unha Recopa, e tres Ligas de Campións.
Schwarzenbeck xogou 44 veces para a selección de Alemaña Occidental, conseguindo a vitoria no mundial de 1974 e na Eurocopa 1972.
O 15 de maio de 1974 Schwarzenbeck marcou o gol do empate na final da Copa de Europa contra o Atlético de Madrid no derradeiro minuto do período de prolongación. A final repetíuse dous días despois e o Bayern fíxose coa vitoria por 4-0.
Traxectoria:
1966-1979: Bayern Múnic.
Palmarés:
Bundesligas: 1969, 1972, 1973, 1974, 1980, Campión de Copa de Alemaña: 1966, 1967, 1969, 1971. Campión de Copa do Mundo de Seleccións: 1974. Campión de Europa de Seleccións: 1972. Copas de Europa: 1974, 1975, 1976. Copa Intercontinental: 1976. Recopa de Europa: 1967.
Categoría:Futbolistas de Alemaña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Nados en Múnic Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial