Pablo Ferreiro Costas, nado o 24 de xuño de 1998 en Lugo, é un xogador de baloncesto galego. Xoga na base no Oviedo CB da LEB Ouro.
Traxectoria Formouse nas filas do Estudiantes de Lugo, na Liga EBA, equipo vencellado ao CB Breogán, ata que en 2016 fichou polo Básquet Coruña. Xogou co equipo coruñés na LEB Ouro e as súas boas actuacións fixeron que o club renovase o seu contrato en dúas ocasións. En 2018, o base lucense cumpriu o seu terceiro ano de laranxa con apenas 20 anos.
O 2 de setembro de 2020 fíxose oficial a súa incorporación ao Oviedo CB da LEB Ouro, despois de catro tempadas formando parte do equipo galego.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador no sitio web da Federación Española de Baloncesto .
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1998 Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Xogadores do Club Básquet Coruña Categoría:Xogadores do Oviedo CB