María Benedicta Bello Pernas, nada en Candia en 1908 e finada en Lugo o 16 de febreiro de 1996,La Voz de Galicia, 13-2-1997, p. 79. foi unha política galega.

Traxectoria Rexentaba o oficio de xastra xunto co seu home, Manuel Ferreiro Lamas, e deixaron Mondoñedo para trasladarse a Bretoña, onde montaron o seu negocio. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida o 1 de xuño de 1937, acusada xunto seu home de "rebelión militar" por axudar a fuxir o alcalde Victoriano Mateo Hombreiro ofrecéndolle vivenda e alimentos durante o tempo que permaneceu oculto. Xulgada na causa 535/37, foi condenada a reclusión perpetua no consello de guerra celebrado en Lugo o 30 de xullo de 1937. Pasou polas prisións de Saturrarán, en Guipúscoa, e despois pola de Palma. A súa condena foi reducida a oito anos e, en 1945, saíu en liberdade condicional.

Vida persoal

Casou con Manuel Ferreiro Lamas e foi nai de Alejandrina, Enriqueta e Dora Ferreiro Bello. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Expediente procesual de María Benedicta Bello Pernas

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Abadín

Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1996