Daniel Lago Leirós, nado en Vigo o 20 de abril de 1979, é un empresario e político galego, membro do Consello do Partido Demócrata Europeo e Secretario de Organización de Compromiso por Galicia.

Traxectoria Comezou a súa actividade política no mundo estudantil onde participou nos Comités Abertos de Faculdade. Posteriormente entraría a formar parte de Esquerda Nacionalista e do BNG ata o ano 2006, ano no que abandona a práctica política. No 2012, tornaría de novo á actividade política sumándose ao proxecto galeguista de Compromiso por Galicia.

Foi cabeza de lista nas Eleccións xerais de abril de 2019 para o Senado pola circunscrición de Pontevedra, obtendo 2.769 votos con Compromiso por Galicia.

Partilla a través de varios medios de comunicación social opinión, xeralmente, sobre temas de análise internacional e xeopolítico.

É licenciado en Ciencias Políticas, especialidade en relacións internacionais e estudos políticos pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou tamén Estudos Europeos a través dunha bolsa Erasmus na Universidade Moderna de Porto.

Ligado de sempre ao mundo da lusofonía é vice-presidente do Centro Portugués de Vigo axudando nun novo rexurdimento da entidade. Desde o 2021 é membro fundador da Associação Impulsora Casa da Lusofonia que ten por obxectivo a creación da "Casa da Lusofonia" dentro da rede de casas do Ministerio de Asuntos Exteriores.

No mundo da empresa desenvolve o seu negocio na industria aseguradora e na consultoría de internacionalización e aceleración de empresas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bloque Nacionalista Galego Compromiso por Galicia

Categoría:Políticos de Compromiso por Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela